A mamá de Alex enviounos unha mostra do ben que o pasáchedes na festa da Anpa.
Que ben o pasaron os rapac@s!, Como bailaban!. En recompensa apareceu Bob Esponja. Se non puideches asistir, comproba o ben que o pasamos. Grazas, ANPA, polo voso traballo e esforzo!.
Hoxe festexamos os aniversarios dos nen@s nacidos en maio, xuño, xullo e agosto cunha festa na que a protagonista foi a AUGA
Os nen@s chegaron emocionados a escola, tiñan moitas sorpresas, agasallos, xogos e experimentos que descubrir!
Son uns nen@s moi listos e felices.
O seu sorriso non se borrou da cara!!
O programa de actividades para este día de festa foi o seguinte:
1. EXPERIMENTAMOS e XOGAMOS coa auga:
Faciámonos preguntas, considerábamos hipóteses e comprobábamos os resultados:
De que cor e a auga?Pensábamos que azul, branca, rosa... Pero descubrimos que é TRANSPARENTE!! E cun truco de maxia (aprendido fai centos de miles de anos) trasnformei a auga en cores e aprendemos que auga NON TEN COR!
A que sabe? Pensábamos que a salado pero despois de probar auga con sal e con azucre, comprobamos que auga NON TEN SABOR
A que hule? A limpo, a flores... Pero despois de ulir colonia e alcohol, quedou demostrado que auga NON TEN OLOR
Que son de auga é este? Abrimos as orellas e todos recoñeceron o son da cisterna, da choiva, dun grifo ou unha ducha, das olas do mar e da auga dun río. Aproveitamos os sons para xogar a ser peces, lavarnos a cabeza, as pernas, as mans, os pés...
2. TALLER DE COCINA
Elaboramos soles moi divertidos
Fixemos unha bebida con auga: LIMONADA
E despois de comer soplamos as velas e cantamos " Cumpleaños feliz" A tarta da festa da auga foi diferente, todos preguntaban como íamos comela!!
3. Despois chegaron os XOGOS
E nos preguntamos:Como poderíamos transportar a auga?
Intentámolo de moitas maneiras e xogamos coas esponxas.
Que equipo conseguiu trasnportar máis auga cunha esponxa?
4. A AUGA SERVE PARA LIMPAR: Seguimos usando a auga para limpar os nosos xoguetes da cocinita. Quizáis cando teñan mais anos será unha tarefa desagradable pero nestes, unha das mellores experiencias para moitos!!
5. A SORPRESA: Para rematar a festa cada nen@ recibiu un agasallo. Con el puidemos facer moitísimas POMPAS DE XABÓN, pompas grandes, pequenas...que voaban polo ceo mentres mirabámolas FELICES.
Grazas nen@s por un día tan divertido!!
Para ver todas as imaxes da festa mira estas presentacións
Onte, inaguramos as Xornadas de Conferencias sobre "As Emocións" e os nen@s de 3 anos foron os protagonistas!!
Nesta exposición déronse a coñecer e compartiron con tod@s os seus sentimentos.
Noraboa nen@s!!
Sodes uns artistas!! nin a vergoña, nin os nervios, nin todo o público pendente de nós...fixo que perdérades a concentración... Traballáchedes moito e todos os aplausos recibidos son a vosa recompensa!!
Unha mostra da conferencia....
Imaxes do gran momento!!
Hoxe tamén tiveron protagonismo os nen@s de 4 anos. Expertos do MEDO, explicaron que lles asustaba e cantaron unha fermosa cantiga para espantar o medo!!
O vindeiro martes 5 de xuño, as 17:00h terá lugar a reunión de despedida do curso 2011-2012 na aula de 3 anos. Despois de todo un curso de traballo, esforzo, aprendizaxe, maduración… chega o momento de darlle a benvida as vacacións de verán e despedirnos ata o vindeiro curso.
Nesta reunión falaremos das últimas novas sobre o traslado o NOVO COLE e propostas para a inauguración. Explicaranse recomendacións educativas cara o verán e destacaremos os principais logros acadados polos nen@s durante o curso. Para rematar, analizaremos as condutas infantís e como educar o comportamento nunha charla-coloquio na que todos poderemos participar aportando as ferramentas que usamos na casa e “nos funcionan” ou as dúbidas sobre as condutas dos nen@s.
Coa participación de tod@s contribuiremos, axudándonos uns os outros, na educación dos nen@s
Espero que tod@s as familias podades asistir a esta reunión para despedirme e agradecervos persoalmente o voso entusiasmo!!
A semana que ven daremos comezo a 2º Xornadas de EXPERTOS.
Despois dun curso traballando "AS EMOCIÓNS" chega o momento de explicarlle os nosos compañeir@s o que aprendimos. Cada clase escolle unha emoción e convértense en EXPERTOS, preparando unha conferencia onde explicarán o resto do alumnado a súa "especialidade"
Esta actividade ten un importante valor para os nen@s que esperan con ilusión o día da súa conferencia e viven con moitos nervios o momento de falar en público.
O programa de conferencias será o seguinte:
LUNS: 3 anos, presentación de TODAS AS EMOCIÓNS 4 anos, expertos do MEDO MARTES: 5 anos, expertos da TRISTURA MÉRCORES: 1º ciclo (1º e 2º primaria) expertos da LEDICIA XOVES: 2º ciclo (3º e 4º primaria) expertos no ENFADO VENRES: 3º ciclo (5º e 6º primaria) expertos no AMOR
Nós somos os encargados de inagurar o evento e presentar todas AS EMOCIÓNS
Ensinaremos que podemos sentirnos de moitas maneiras. Hai moitas emocións que experimentamos día a día!!
Mira neste vídeo a nosa DIVERSIDADE EMOCIONAL
(Aumenta o vídeo a tamaño completo e xoga a imitar as emocións)
Tamén cantaremos e bailaremos esta cantiga
Practícala na casa
A próxima publicaremos as CONFERENCIAS DE EXPERTOS
Visitade o blogue das TIC CON PICOLINDO para poder ver todas as conferencias
Chegou o momento de darvos os agasallos SORPRESA!!
Esperamos que vos gustaran, levounos moito traballo e esforzo pero a mellor recompensa é o voso AMOR!!
Cando chegamos a clase sentíamonos moi felices!!
E aínda quedaba máis!! unha sorpresa que descubriríades na casa...
A MÁQUINA DE BICOS
Como vos imaxinades serve para dar BICOS: bicos grandes, pequenos, bicos de cores, bicos silenciosos, ruidosos, bicos na nariz, na meixela....
Hoxe tamén festexamos oDÍA DAS LETRAS GALEGAS
Aprendemos moitas cousas sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Mira que libro máis bonito fixemos!!
Esta semana tamén fomos de visita a aula dos nen@s de 4 anos. Invitáronnos para aprender cousas sobre o PEZ LUNA: Sabíades que pode pesar 2.000 kg y medir máis de 3 metros? Se queremos visitar un podemos ir a un acuario en Barcelona. Ao pez Luna gústalle vivir en augas quentes e aliméntase de medusas. As súas crías parécense a un pez globo. En europa non se pode comer pero noutros países como Japón, Corea o Taiwan; o pez Luna é un plato delicioso!!
Por segundo ano consecutivo, celebramos na escola a festa dos Maios. Como sabedes é unha festa popular galega na que se celebra o comezo da primavera e na que se fai unha exaltación da natureza. En Galicia, os Maios celébranse os primeiros días do mes de maio.
Primeiro imos a ver un vídeo para aprender cousas da historia dos maios.
Temos que contar que foi un día de moito traballo no cole porque estivemos moi atarefados facendo o noso Maio e preparando todo para a actuación.
O programa desta xornada foi:
-De 9h a 11:30:
Confección de grinaldas nas aulas ecolocación do verde no maio.
-De 11:30h a 12:00h:
Tempo de lecer.
-De 12h a 12:30h:
Montaxe do maio.
Cantiga do maio co retrouso común e estrofas creadas nas aulas.
-De 12:30h a 13:50h:
Visitannos uns gaiteiros e acompañannos no
baile das fitas,
na procesión
e remate da festa co Himno Galego.
Nestas presentacións queremos amosarvos como traballaron os vosos peques e non tan peques. Cremos que o esforzo tivo unha recompensa.
GRAZAS FAMILIAS polas flores, fentos, fiúnchos, froitas,...
En clase cando estamos ENFADADOS poñemos a posición da tartaruga e buscamos a maneira de relaxarnos. Durante este días traballamos na técnica da tartaruga e inventamos un baile.
Mirade neste vídeo como representamos o BAILE DO ENFADO!!
É un deleite ver a súa naturalidade!!
Outra historia que fala do ENFADO e a de Navi e Iván. A través dun conto interacctivo onde ti deberás participar, cóntannos "Que facemos co ENFADO?"
Tod@s sentímonos ENFADADOS algunha vez. É unha emoción natural, ata Pocoyó e Pato enfadáronse algunha vez!!
Mira a súa historia!!
O ENFADO infantil é unha emoción que nos cativos destes anos prodúcese cando non conseguen algo que desexan. Esta conducta ten por obxecto afirmar a sua personalidade e demostrar o seu poder. Debemos aprenderlles os nen@s que estas conductas non son permitidas.
Deixovos unha posibilidade que quizáis funcione...(se alguén a pon en práctica, por favor deixade comentarios)
Hoxe festexamos o DÍA DO LIBRO na nosa escola cunha actividade preciosa que encantoulles os nen@s. Cada un deles teña o seu "Padriñ@" para lerlles un libro. Para facer homenaxe a este día tan especial deixovos o LIBRO DA FELICIDADE. Espero que vos guste!!