miércoles, 6 de junio de 2012

REUNIÓN DESPEDIDA

Onte, foi un día ESPECIAL!!
    Reunímonos as familias na escola para festexar o progreso dos nen@s e valorar os logros acadados.
Onte os PROTAGONISTAS fostes vós!!

Grazas polo voso entusiasmo, pola vosa cercanía e o voso trato, 
grazas por responder con sorrisos,
grazas por ser familias interesadas, curiosas, con ganas de aprender, de saber, de cambiar, de escoitar...
Grazas por facerme sentir tan feliz!!
Grazas por traballar xuntos nunha SORPRESA tan especial!!
A miña casa converterase nun museo cheo de obras de arte!!

Hoxe, cheguei a escola cunha nova importante!!
Antes de comezar a traballar miramos e falamos sobre os agasallos. 
Estaban tan felices de poder falar do secreto!!
 Miramos, tocamos, ulimos...pero o colar non se come!!
 Non tiña palabras dabondo para agradecerlles os nen@s todo o meu cariño cara a eles.
As apertas son unha forma perfecta!!
Aperta colectiva

 Grazas por un día tan ESPECIAL!!
O seu cariño é o mellor agasallo!!



Na reunión de onte tamén aproveitamos para analizar as condutas infantís e compartir experiencias, anécdotas, dúbidas...
Déixovos a presentación por se é do voso interese..


PROBLEMAS DE CONDUCTA Y COMPORTAMIENTO- 3 años 2011-2012


E se a presentación resulta longa, ou repetitiva... este vídeo resume todas as ideas importantes das que falamos onte



Feliz verán!!
Votareivos en falta!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!