Mostrando entradas con la etiqueta Os bichos do patio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os bichos do patio. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de abril de 2013

LA LAGARTIJA PACO

Esta semana, Noa Fernández ha traído al cole a
una amiga que nos acompañó durante toda una mañana.
 
La LAGARTIJA PACO, así denominada entre todos, disfrutó de nuestra compañía pero tenía muchas ganas de volver a ser libre y reunirse con sus amigas y amigos.
La dejamos en libertad en un lugar tranquilo. 
Mira como la despedimos...

  
 

miércoles, 5 de diciembre de 2012

INVESTIGAMOS OS BICHOS

Levamos unhas semanas
investigando os bichos.
Seguimos facendo de reporteiros nos patios
na busca da fotografía perfecta 
que descubra os bichos escondidos no patio.

Tamén seguimos tendo visitas inesperadas 
de algunha amiga.
      Non podemos deixar este aprendizaxe sen realizar unha  investigación dos noso bichos.
Araña, Caracol, Erizo, Gusano de castaña, Escarabajo, Mosca azul, Mariposa, Periquito, Abejorro y Ciempiés.
Todos estiveron na nosa aula!!
Elaboramos o libro dos bichos e con el aprendimos moitas curiosidades!!! 
Creamos un recanto na nosa aula cheo de libros de bichos
Vimos a película de "BICHOS"

E descubrimos que os bichos son seres maravillosos!! 

lunes, 29 de octubre de 2012

Coñecemos mais BICHOS

Seguimos investigando sobre os BICHOS
O noso interese aumenta día a día,
coñecemos e descubrimos máis,
a nosa inquietude e a mellor ferramenta para a aprendizaxe.
Despois da visita da araña e do erizo Rollizo,
outros BICHOS visitaron a nosa escola.

Mirade a mosca azul e o gusano que trouxo Martín D.
Agora están na nosa exposición xunto o rincón da BRUJA PICA
  Os nen@s da escola coñecen a nosa investigación e cando encontran un BICHO traénolo a clase para investigalo. 
Mirade o  tímido caracol que trouxo unha nena de 1º primaria

Xaquín, encontrou unha fermosa mariposa!!

E Martín A. sorprendeunos con isto 

Ademáis, somos REPORTEIROS DE BICHOS e xa temos unha bonita colección de fotos sacadas polos nen@s no patio da nosa escola. ( O lagarto é de plástico, pero un bicho é, ou non??)
Algún nen@ acabará sendo reporteiro!!
Encántalles!!

viernes, 19 de octubre de 2012

A visita do ERIZO ROLLIZO

Esta semana tivemos a visita 
do ERIZO ROLLIZO
Un erizo que vive na casa da profe María
e veu visitarnos cun pouco de medo.
Feito unha bola!!
 Necesitaba saír o patio para sentirse maís seguro e abrir o seu corpo.
Por fin poidemos ver a súa cariña!!

Deixámoslle tempo para que non tivese medo mentres o mirábamos de lonxe

Pouco a pouco, puidemos acercarnos e miralo, incluso tocalo!!

Grazas a Santi por facer posible a visita do Erizo Rollizo!!
Despois de ensinarnos moitas cousas sobre este precioso animal devolveuno a un lugar tranquilo e deixouno en liberdade.

 Antes de irse o ERIZO ROLLIZO despediuse dentro da súa caixa

E despois fixemos unha bonita obra de arte co ERIZO ROLLIZO como protagonista

Mira todas as imaxes nesta presentación (pon a música)

jueves, 11 de octubre de 2012

Os BICHOS do PATIO

       Este ano temos moita curiosidade polos bichos que encontramos no patio da escola.
        Intentamos cazalos, metelos en cubos, collelos e soltalos....pero nunca facerlles dano!!
Os animais, aínda pequenos, necesitan cariño e protección e non debemos abusar deles...
Fai uns días, encontrei na miña casa unha araña...
terrorífica!!

Non puiden evitar levala a escola para compartila cos nen@s!!
Nun tarro de cristal con buracos para respirar, o luns viviu con nós unha araña miedosa que pedía a gritos escapar da súa cárcere!!

Mirámola, con ollos curiosos... e comprendimos que o mellor era soltala e deixar que volvese tecer moitas teas de araña.
As arañas poden ser perigosas, por iso, o rematar a escola, fun un lugar precioso a liberala!!

Mirade como escapou!!

A convivencia coa araña agudizou o noso interese polos bichos da escola e pensei que sería interesante crear un álbum de bichos!!
Que vos parece?
Apredimos a usar a cámara de fotos con responsabilidade. Cada día un nen@ é o encargado da cámara e pode usala durante o recreo para fotografar bichos. 
Todos desexan ser encargados da cámara!!
Xa temos a primeira foto!!
Queredes ver mais?