Ao longo da Semana Santa, os nenos e nenas da escola, axudados polos seus pais e nais, adicaronse á decoración de ovos . Esta é unha actividade moi divertida que lle permite aos nen@s desenvolver unha gran cantidade de actividades. A escola quedou fermosa e as familias fixeron unha manualidade que lles permitiu pasar un rato agradable. De todos estes ovos, un foi indultado. O resto, utilizámolo para decorar o noso Maio.
Podedes gozar coa mostra. 
Moitas grazas familias pola vosa colaboración
Chegado o mes de maio é tempo de celebracións. Na escola, coma ven sendo
 costume, nunha mesma data celebramos dúas das grandes festas da nosa 
terra. Por unha banda, facemos un maio e pola outra traballamos o autor 
homenaxeado polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A festa dos Maios, é unha celebración primaveral que se ten costume de 
celebrar o primeiro domingo do mes de maio. Nesta festa, contanse coplas
 adicados á primavera. Os alumnos e alumnas de primaria prepararon 
cadansúa estrofa e están unidas por un retrouso que xa todos coñecemos.
Na nosa comunidade a celebración desta festa é diferente dependendo na 
zona na que nos situemos, diferenciandose claramente as tradicións da 
zona norte de Galicia da do sur. Preto nosa son moi coñecidos os maios 
de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Verín e Ourense entre 
outros.
Esta festa a acompañamos do baile das fitas, representado sempre polo alumnado de cuarto de primaria.
Este ano o autor homenaxeado no día das LETRAS GALEGAS  é Filgueira Valverde, natural de Pontevedra.