A mamá de Alex enviounos unha mostra do ben que o pasáchedes na festa da Anpa.
Que ben o pasaron os rapac@s!, Como bailaban!. En recompensa apareceu Bob Esponja. Se non puideches asistir, comproba o ben que o pasamos. Grazas, ANPA, polo voso traballo e esforzo!.
Hoxe festexamos os aniversarios dos nen@s nacidos en maio, xuño, xullo e agosto cunha festa na que a protagonista foi a AUGA
Os nen@s chegaron emocionados a escola, tiñan moitas sorpresas, agasallos, xogos e experimentos que descubrir!
Son uns nen@s moi listos e felices.
O seu sorriso non se borrou da cara!!
O programa de actividades para este día de festa foi o seguinte:
1. EXPERIMENTAMOS e XOGAMOS coa auga:
Faciámonos preguntas, considerábamos hipóteses e comprobábamos os resultados:
De que cor e a auga?Pensábamos que azul, branca, rosa... Pero descubrimos que é TRANSPARENTE!! E cun truco de maxia (aprendido fai centos de miles de anos) trasnformei a auga en cores e aprendemos que auga NON TEN COR!
A que sabe? Pensábamos que a salado pero despois de probar auga con sal e con azucre, comprobamos que auga NON TEN SABOR
A que hule? A limpo, a flores... Pero despois de ulir colonia e alcohol, quedou demostrado que auga NON TEN OLOR
Que son de auga é este? Abrimos as orellas e todos recoñeceron o son da cisterna, da choiva, dun grifo ou unha ducha, das olas do mar e da auga dun río. Aproveitamos os sons para xogar a ser peces, lavarnos a cabeza, as pernas, as mans, os pés...
2. TALLER DE COCINA
Elaboramos soles moi divertidos
Fixemos unha bebida con auga: LIMONADA
E despois de comer soplamos as velas e cantamos " Cumpleaños feliz" A tarta da festa da auga foi diferente, todos preguntaban como íamos comela!!
3. Despois chegaron os XOGOS
E nos preguntamos:Como poderíamos transportar a auga?
Intentámolo de moitas maneiras e xogamos coas esponxas.
Que equipo conseguiu trasnportar máis auga cunha esponxa?
4. A AUGA SERVE PARA LIMPAR: Seguimos usando a auga para limpar os nosos xoguetes da cocinita. Quizáis cando teñan mais anos será unha tarefa desagradable pero nestes, unha das mellores experiencias para moitos!!
5. A SORPRESA: Para rematar a festa cada nen@ recibiu un agasallo. Con el puidemos facer moitísimas POMPAS DE XABÓN, pompas grandes, pequenas...que voaban polo ceo mentres mirabámolas FELICES.
Grazas nen@s por un día tan divertido!!
Para ver todas as imaxes da festa mira estas presentacións