jueves, 26 de abril de 2012

O BAILE DO ENFADO

Chega o momento de falar do ENFADO
            Esa emoción que sentimos cando cremos que un volcán está a punto de estoupar dentro de nós
PICOLINDO contounos a seu conto do ENFADO. Con esta historia aprendimos que co ENFADO podemos facer dano a quen queremos.
O ENFADO hai que paralo e nós dicímoslle "STOP"

Aprendimos que para parar o ENFADO hai tres cousas que podemos facer
  1. Ir o noso lugar favorito a estar tranquilos
  2. Respirar fondo
  3. Pensar en cousas bonitas 
CUeNTO picolindo- ENFADO

En clase cando estamos ENFADADOS poñemos a posición da tartaruga e buscamos a maneira de relaxarnos. Durante este días traballamos na técnica da tartaruga e inventamos un baile. 
Mirade neste vídeo como representamos o BAILE DO ENFADO!!
É un deleite ver a súa naturalidade!!



Outra historia que fala do ENFADO e a de Navi e Iván. A través dun conto interacctivo onde ti deberás participar, cóntannos "Que facemos co ENFADO?"
Tod@s sentímonos ENFADADOS algunha vez. É unha emoción natural, ata Pocoyó e Pato enfadáronse algunha vez!!
Mira a súa historia!!


O ENFADO infantil é unha emoción que nos cativos destes anos prodúcese cando non conseguen algo que desexan. Esta conducta ten por obxecto afirmar a sua personalidade e demostrar o seu poder. Debemos aprenderlles os nen@s que estas conductas non son permitidas. 
Deixovos unha posibilidade que quizáis funcione... (se alguén a pon en práctica, por favor deixade comentarios)

lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO





Hoxe festexamos o DÍA DO LIBRO na nosa escola cunha actividade preciosa que encantoulles os nen@s. Cada un deles teña o seu "Padriñ@" para lerlles un libro.
Para facer homenaxe a este día tan especial deixovos o LIBRO DA FELICIDADE. Espero que vos guste!!

viernes, 20 de abril de 2012

MUSEO DO LIBRO EMOCIONANTE

Moitas grazas a todas as familias por participar nesta actividade tan máxica. O vindeiro luns 23 celebraremos o DÍA DO LIBRO na escola. E coma todos os anos, os nen@s maiores da escola apadriñan os pequen@s e cóntanlles historias mentres tod@s os mestres quedamos abraiados co máxico silencio, as miradas complices entre os nen@s, a atención e respecto co que se tratan. 
É unha das miñas actividades favoritas!!
Xa vos ensinarei fotos!!

lunes, 16 de abril de 2012

Actividades de LECER para NEN@S

Con esta NOVA sección non se che escapará ningún evento infantil!! 

Para poder consultar esta información utilizade o enlace que poderedes encontrar fixo na columna dereita do noso blogue co nome de "QUE FACEMOS"?
Preme nas seguintes imaxes e consulta webs onde atopar actividades educativas, ocio infantil e multitud de propostas para acudir cos nen@s no tempo de lecer. 
 Os faladoiros na entrada da escola servirán para compartir e lembrar esta información con todas as familias!!

Espero que vos divirtades coas actividades!!



viernes, 13 de abril de 2012

Sentimos a PRIMAVERA

Coa chegada da PRIMAVERA, todo cambia de luz e de cor...
Mira o noso mural na entrada a clase!!
 Todos os días nas rutinas, cantamos e bailamos esta cantiga. Escoitala e cántala co teu fill@!!

Somos como las flores, 
necesitamos la lluvia y el sol.

Pero...será iso certo??
Necesitarán as plantas e flores, auga e sol para vivir??
Para comprobalo levamos a cabo un experimento.
Plantamos na nosa aula unha planta de tomates. 
Todos os días encargámonos de regala e coidala.
Aprendemos a valorala e a querela e desexamos ver os nosos tomates que aínda tardan en crecer!!

Mira imaxes do noso experimento

As flores e plantas nacen de semillas que brotan debaixo da terra como podemos ver este vídeo

POCOYÓ, tamén aprendeu como coidar unha semilla
Mira este vídeo, encántalles os nen@s


En PRIMAVERA toda a nosa contorna cambia. As flores, os paxaros, as árbores, o clima, a roupa...
Pero o que tamén cambian son os sons da natureza, xogamos as adiviñas?? Escoita o son e adiviña de que se trata!! 
Xogade cos nen@s!!

Coa chegada da PRIMAVERA sentímonos FELICES!!
Apetéceche bailar??

martes, 10 de abril de 2012

CONTACONTOS para o tempo de LECER

Hoxe ...
A Librería Nobel Gran Vía en colaboración coa editorial Nivola e El Rompecabezas, ten o pracer de convidarte o martes 10 de abril a dúas interesantes actividades nas que poder compartir lectura e xogos.

Ás 17:00 horas, os máis cativos da casa gozarán dunha sesión de contacontos con Pepa Cuentera e Gota de Agua, na que explicará aos máis pequenos o ciclo da auga dunha maneira amena e divertida 

Ás 18:30 horas, no taller de creatividade lectora "Fogón de contos", serán os pais e nais os que teñan a oportunidade de aprender a achegar a lectura aos seus fillos, contando sempre coas "receitas" e "condimentos" de Pepa.

 LIBRERIA GRAN VIA
ESPACIO DO LECTOR S.L.
C.I.F.: B36164820
AVDA GRAN VIA 184
36211 - VIGO
PONTEVEDRA
Tel.: 986231892 / Fax: 986231892
www.libreriasnobel.es / granvia@libreriasnobel.es

E para o vindeiro domingo 22 abril, 18.00h no Verbum (Samil)


sábado, 7 de abril de 2012

VIDEOS EMOCIONANTES

A pócima máxica para a felicidade

Desperta a túa CREATIVIDADE

O poder das APERTAS

Sé tes medo, supérao!!

Onde viaxarían os teus bicos?