viernes, 25 de noviembre de 2011

O protagonista da semana

A vindeira semana o PROTAGONISTA será

jueves, 24 de noviembre de 2011

A cantiga do PROTAGONISTA

Encántanos a cantiga favorita de MARTÍN

miércoles, 23 de noviembre de 2011

A ALEGRÍA DE TITO

O traballo emocional segue nas nosas aulas. Despois de entender o MEDO chega o momento de traballar a 
LEDICIA

Coñecimos a TITO, un malabarista que se sentía moi triste despois de perder a súa nariz. Non vos preocupedes, o final da historia recuperouna e ademais deuse conta que tamén podía ser moi feliz sen ela. 
Queredes ver que ven nos queda a nariz de TITO?

viernes, 18 de noviembre de 2011

O protagonista da semana

A vindeira semana o protagonista será
Escoita a canción de MARTÍN

jueves, 17 de noviembre de 2011

FESTEXAMOS O MAGOSTO

O mércores foi un DÍA ESPECIAL. A nosa primeira festa na escola!! Descubre todo o que fixeron ese día os nen@s de 3 anos!!
Toda festa require unha preparación.Queres ver como fixemos A NOSA CASTAÑEIRA e organizamos o día? Os nen@s de 3 anos tamén participaron!!



Para ver como o pasamos todos os nen@s da escola mira as seguintes imaxes!!


viernes, 11 de noviembre de 2011

A PROTAGONISTA DA SEMANA

 A vindeira semana a protagonista será
 

miércoles, 9 de noviembre de 2011

A pizarra Máxica

Familias!! Estamos de aniversario!!
Dende o pasado martes temos na nosa aula un encerado dixital interactivo ou Pizarra Máxica, como lle chamamos nós!!
Na era da tecnoloxía estes instrumentos fan posible unha educación adaptada as necesidades de hoxe, as motivacións dos rapaces e así desenvolver a creatividade con proxectos de innovación. Agora, calquera dúbida poderémola resolver na web aproveitando todas as posibilidades de este aparello para traballar millor.
Esta noticia se merece unha visita a nosa aula!!
Despois de Nadal celebraremos una reunión para que poidades descubrir todas as vantaxes desta ferramenta.
Mira que cantiga cantamos esta semana na aula, lémbraste???


A visita de Sergio e Greta

O pasado martes recibimos no noso colexio a visita de Sergio e Greta, dous fantásticos relatores de contos que maravillaron os rapaces durante unha hora. Contaron a "Historia do Arco da Vella Feliz" e aprendéronnos técnicas de relaxación e meditación. A rapaza Bolboreta conseguiu parar a tormenta e agasallaounos cun anaco do Arco da Vella para utilizar sempre que non nos sintamos ben. 
Fai voar a bolboreta e repite as cores do Arco da Vella


A mestra Cruz da aula de 5 anos gravou toda a historia. Grazas rapaces de 5 anos!! 
Estivéchedes moi atentos!!

viernes, 4 de noviembre de 2011

Aprendemos a escribir o Nº1

O protagonista da semana

Despois do período de adaptación, da aprendizaxe de hábitos e normas... a chegada do outono, as cabazas e o Samaín ..
Neste trimestre imos comezar a traballar sobre...
CÓMO SOMOS?

Pero este proxecto pretende descubrir a cada neno/a como é na súa globalidade: os seus recordos de cando era bebé, coñecer as persoas que lle queren, cales son as súas preferencias ou lembrar xuntos os días que foron importantes.

Por iso; á axuda das familias é imprescindible para poder descubrir connosco as peculiaridades de cada neno/a.

Cada semana, un neno/a converterase en
PROTAGONISTA DA SEMANA

Cada semana avisarase por escrito as familias do nen@ que será protagonista con tempo suficiente para poder traballar na casa.

 A vindeira semana a protagonista será