Despois do ENTROIDO, comezamos falando de AMOR. Outra emoción importante que non podemos esquecer no noso MAR DE EMOCIÓNS. PICOLINDO contounos unha historia misteriosa sobre o amor.
PICOLINDO coñecía o AMOR aos pais, aos animais, aos amigos... pero un día recibiu unha CARTA DE AMOR dun descoñecido!!
Amalia, a nai de Martín A., mandoume unha información MOI INTERESANTE!!
A Fundación Barrié levará a cabo uns talleres que seguro despertarán os sentidos dos nen@s.
"Con Despertamos a las Artes, la Fundación se marca el objetivo de ofrecer una propuesta didáctica en la que bebés y niños de hasta 4 años disfruten de espectáculos creados para potenciar su sensibilidady se acerquen por primera vez al mundo de los títeres, la danza, el teatro y la música en un espacio escénico específicamente adaptado a ellos."
Preme aquí e ollea o enlace para ver máis información!!
Cando chegamos a escola de mañá non podíamos retener a nosa ALEGRÍA. Estábamos contaxiados da maxia do ENTROIDO!!
Este día de festa non sería o mesmo sen vós!!
Grazas familias por acompañarnos no pasarúas por Bouzas!! Por axudarme na tarefa atender os rapaces e conseguer que este día fose tan divertido!!
Grazas polo voso sentido do humor e por participar connosco na misión que TITO pediunos!! Converternos en pallasos da ALEGRÍA e trasmitila a toda as persoas da nosa contorna.
Creo que o conseguimos!!!
Sodes MAGNÍFICOS!!
Mirade a presentación de imaxes do ENTROIDO e disfrutade do vídeo no pasarúas. Outra vez, moitas grazas!!
Esta semana recibimos agasallos do noso amigo TITO en agradecemento por axudarlle na laboura de levar ALEGRÍA o noso barrio.
O venres pasado encontramos nunha caixa as paxariñas e as narices do disfraz
O luns encontrámonos cunha caixa chea de narices de pallaso, pelucas e sombreiros para disfrazarnos no tempo de lecer
Traballamos moito no noso disfraz. Encantounos pegarlle gomets os nosos zapatos...
Mirade que bonitos!!!
Descubrimos o CONFETI...
E fixemos máscaras de EMOCIÓNS que mañá veredes na casa...
Lembrade que este venres festexamos o ENTROIDO e os rapaces non traeran merenda nin mandilón. Vendrán vestidos con pantis de raias e parte de arriba dunha cor. Esperamos ver a todas as familias connosco no pasarúas que levarase a cabo de 11:00 a 12:00h aproximadamente. Saúdos Deixovos o programa do ENTROIDO
Para festexar o Entroido cociñamos orellas. Foi moi interesante usar todos os nosos sentidos para dar forma a un postre típico do Entroido. Despois do traballo comémolas todas!! Estaban moi boas!! por iso o mércores a merenda foi de volta para casa!!
Grazas profe Ángela por ensinarnos a facer orellas de Entroido!!
Mirade a presentación e o vídeo do proceso...
O Entroido é especial, é máxico!!
Como imos ir disfrazados de pallasos da alegría para axudar a TITO a dar felicidade a toda a xente, estamos aprendendo moitas cousas sobre o "mundo do circo"
Aprendemos esta cantiga...
Non vos lembra recordos da infancia???
Estamos de festa e os animais tamén o festexan!!
Mira e escoita o vídeo do "carnaval de los animales"
Feliz semana de ENTROIDO!!
E non te esquezas de facerlle caso o Meco e traer o luns unha caveira de medo