PERIODO DE ADAPTACIÓN
Para os cativos de 3 anos foron uns
días moi especiais cheos de experiencias novidosas, espazos que
descubrir e persoas e amig@s novos que coñecer...
É normal que cada día e
cada instante navegasen por un ....
MAR DE EMOCIÓNS
QUE INTENTAMOS DESENVOLVER NOS NEN@S?
Axúdame a conseguilo!!
Confianza en si mesmos
Os nen@s deben crer que poden ter éxito. Non deixes de dicirllo!!
Independencia
Os nen@s deben aprender a facer as cousas por si mesmos. Non debemos ser sobreprotectores!!
Motivación
Os nen@s deben querer aprender. A curiosidade é o motor da aprendizaxe!!
Curiosidade
Utiliza a súa curiosidade natural para que poidan aproveitar ao máximo as oportunidades para aprender.
Constancia
Os nen@s deben aprender a rematar o que comezaron.
Cooperación
Os nen@s deben saber como levarse ben con outros nen@s e aprender a compartir e tomar quendas.
Autocontrol
Os
nen@s deben aprender que hai boas e malas maneiras de expresar o seu
enfado. Debemos ensinalos a comunicar o seu enfado verbalmente e a forma
de solucionar os problemas sen violencia.
Empatía
Os nen@s deben expresar un interese por outras persoas e comprender como se senten.