viernes, 25 de mayo de 2012

REUNIÓN 5 XUÑO

O vindeiro martes 5 de xuño, as 17:00h terá lugar a reunión de despedida do curso 2011-2012 na aula de 3 anos. Despois de todo un curso de traballo, esforzo, aprendizaxe, maduración… chega o momento de darlle a benvida as vacacións de verán e despedirnos ata o vindeiro curso.
Nesta reunión falaremos das últimas novas sobre o traslado o NOVO COLE e propostas para a inauguración. Explicaranse recomendacións educativas cara o verán e destacaremos os principais logros acadados polos nen@s durante o curso. Para rematar, analizaremos as condutas infantís e como educar o comportamento nunha charla-coloquio na que todos poderemos participar aportando as ferramentas que usamos na casa e “nos funcionan” ou as dúbidas sobre as condutas dos nen@s. 

Coa participación de tod@s contribuiremos, axudándonos uns os outros, na educación dos nen@s

Espero que tod@s as familias podades asistir a esta reunión para despedirme e agradecervos persoalmente o voso entusiasmo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!