Que todos os vosos soños e desexos fáganse realidade!!
lunes, 31 de diciembre de 2012
domingo, 23 de diciembre de 2012
A FESTA DE NADAL 2012
O derradeiro día de escola foi especial.
Festexamos o Nadal cun programa de actividades pensado para que os nen@s puideran divertirse e sentir as costumes desta festa tan popular.
Comezamos coa visita do Paxe Real para que todos os nen@s puideran entregar as súas cartas e contarlles en persoa os seus desexos para o vindeiro ano.
As 10 da mañá xuntámonos todos no ximnasio da escola para formar grupos mesturados con nen@s de tódalas idades dende 3 a 12 anos. Despois comezaron os obradoiros.
Obradoiros de maquillaxe
Obradorios de contacontos
Obradoiros de panxoliñas
Obradoiros de Bingo
Mira na presentación todas as imaxes
Despois da visita do Paxe Real e os obradoiros chegou o momento da tradicional CHOCOLATADA e AS BADALADAS que marcan o comezo do novo ano. Para rematar, bailamos e cantamos no ximnasio gozando dun fantástico día de festa!!
Vive connosco as 12 badaladas!!
Vive connosco as 12 badaladas!!
Mira a presentación de imaxes e descubre como o festexamos!!
Felices festas!!
Vémonos o vindeiro martes 8 de xaneiro!!
miércoles, 19 de diciembre de 2012
FELICES FESTAS
Chegou o momento de festexar o NADAL,
de gozar duns días en familia
e sentirnos felices porque outro ano está por comezar!!
Nestas datas podemos facer moitísmas cousas
Dende o Museo do Mar chéganos esta información
O Museo do Mar con motivo das festas de Nadal organiza para todos os públicos unha serie de novidosas e sorprendentes actividades, nas que poderán participar en familia, cos amigos ou de forma individual.
Preme aquí para descargar o programa de actividades
Lembrámoslle que todas as actividades requiren cita previa, para o cal poden chamar ao teléfono 986 247 750 en horario de martes a domingo de 10 a 14h e de 17 a 19h, indicando que desexan falar co Servicio de Atención ao Público.
Lembrámoslle que todas as actividades requiren cita previa, para o cal poden chamar ao teléfono 986 247 750 en horario de martes a domingo de 10 a 14h e de 17 a 19h, indicando que desexan falar co Servicio de Atención ao Público.
Preme aquí para descargar as tarifas das actividades
Tamén podemos aprender mentres xogamos, preme na imaxe
En Nadal é o momento de reflexionar,
mirar para atrás e para diante.
É o momento de pedir desexos,
de facer melloras, de propoñer retos.
mirar para atrás e para diante.
É o momento de pedir desexos,
de facer melloras, de propoñer retos.
En Nadal é o momento de SOÑAR
...
Espero que a felicidade inunde cada minuto das vosas vidas.
Neste vídeo poderemos encontrar claves para SOÑAR
(Dedícalle uns minutos, merece a pena)
(Dedícalle uns minutos, merece a pena)
Estes días falamos dos desexos!!
Estos son os nosos!!
lunes, 17 de diciembre de 2012
FESTA DE ANIVERSARIO
Hoxe festexamos os aniversarios dos nen@s
nacidos en setembro, outubro, novembro e decembro!!
O NADAL foi a temática desta festa,
xa que nestas datas,
ningún día esquecemos O NADAL!!
Comezamos o día cunha sorpresa!!
RODOLFO, escribíranos unha carta!!
E pronto descubrimos que viñera a visitarnos neste día tan especial!!
Que ledicia o reencontro con RODOLFO!!
RODOLFO trouxo de agasallo uns gorros de Papá Noel para os nen@s que festexaban o seu aniversario
E comezamos a festa bailando e cantando a cantiga de Rodolfo
O noso amigo ensinounos un truco de maxia!!
Abracadabra, pata de cabra,
frota,frota
y se pegará en la cabezota!!
Os globos quedaban pegados por arte de maxia!!
Despois comezamos o taller de cociña.
Esta vez preparamos uns deliciosos bonecos de plátano e piña
E un abeto de Nadal feito co equilibrio das 12 uvas da sorte!!
Tamén comimos postres navideños e para rematar...
Fuuuuuuuu!!
Un soprido entre todos apagou a vela.
Despois chegou o momento de relax!!
O conto da CAIXA DE RECORDOS axudounos a lembrar moitas cousas
Pedimos desexos...
E esperamos que se fagan realidade!!
Logo xogamos a tea de araña!!
Entre todos construímos unha tea que necesitaba de cada un de nós para non romperse!!
Somos un grupo e con este xogo, dímonos conta!!
Para rematar a festa, xogamos con outro agasallo de RODOLFO:
Pompas de xabón!!
Antes de irnos,
despedímonos de RODOLFO.
Na carta contounos que agora ten moito traballo e que mañá xa non poderá estar connosco!!
Grazas RODOLFO!!
Mirade todas as imaxes da festa nesta presentación.
Non te esquezas de poñer a música para escoitar a cantiga de Rodolfo!!
domingo, 16 de diciembre de 2012
NADAL SOLIDARIO
Se non nos parásemos a pensar no moito que temos e nas dificultades doutros. Se o Nadal non fose SOLIDARIO converteriamos estas datas no que transmiten os medios de comunicación e leva á
sociedade a un consumo sen control.
Loitar contra iso nestas datas é
como intentar comezar unha dieta; por iso, dende a escola propoñemos intentar
controlar os excesos e cultivar o noso espírito solidario.
Falar cos nen@s de Infantil sobre as
necesidades doutros é moi complicado cando só pensan en todos os
agasallos que lle van pedir aos Reis Magos!! Facerlles ver que existen
persoas que viven en situacións desfavorecidas resulta pouco efectivo senón é
un traballo diario...
Nestas datas, na aula, temos presente aos nen@s que viven nun mundo diferente ao que nós. Nen@s que
non gozan de multitude de xoguetes, desechan a comida que non lles gusta ou non
teñen unha escola onde poder aprender e xogar cos seus amigos.
A sensibilización dos nenos levounos a
propoñer ideas para aportar o noso granito de area nestas datas...
Temos dúas propostas: a
primeira, xurdiu despois de ver a mensaxe que Papá Noel envioume... Os nen@s quedaron conmovidos!! este ano pedirán menos xoguetes, é lóxico!!
A segunda proposta, consiste en doar un xoguete a unha entidade que os reparta e axude a Papá Noel e os Reis Magos.
A segunda proposta, consiste en doar un xoguete a unha entidade que os reparta e axude a Papá Noel e os Reis Magos.
As propostas foron ideadas polos
alumn@s con gran entusiasmo!!
Para máis información, preme na imaxe.
Dende a escola, informeime desta campaña local de recollida de xoguetes. Estarán no centro comercial Gran Vía do 15-22 de decembro. Para todos aqueles que queirades participar neste acto solidario anímovos a que visitedes este punto de recollida cos vosos fillos para que poidan aproximarse da vosa man
a estes valores.
É necesario que @ nen@ desexe realizar
a doación. Os valores, os principios, os sentimentos non se impoñen, se propoñen.
Seria moi interesante a doación de xoguetes usados pero a maioría destas campañas solidarias piden que o xoguete sexa:"
- Nuevo, a poder ser. A pesar del consumismo que esconden, los regalos navideños a los más pequeños nacen de la tradición cultural de premiar al niño bueno. Y los menos favorecidos económicamente también ven la tele. Que sea nuevo y actual repercute en la bondad del regalo en la medida en que no hay distinciones ni categorías.
- Educativo. Debe potenciar las capacidades del niño. Un juguete constituye una herramienta de desarrollo básica de la inteligencia y sensibilidad de los más pequeños. Y educativo no significa aburrido; no sólo el puzzle de siempre cumple la obligación de formar. Cada vez hay más juguetes adecuados y atractivos a la vez, sin necesidad de optar por aquellos en los que la violencia explícita o implícita despierta el interés del niño.
- No sexista. Es necesario dejar atrás definitivamente el tópico de regalar juegos femeninos a las niñas y masculinos a los niños. No se trata sólo de optar por lo políticamente correcto. Estamos ante un error pedagógico: si a los niños y a las niñas se les impide potenciar parte de sus habilidades, se estará limitando al hombre y a la mujer de mañana. De igual forma, se coartarán sus relaciones sociales y su capacidad de comunicarse fuera de los estadios establecidos, y se perpetuarán tópicos.
- No eléctrico. Hay que evitar comprar juguetes eléctricos o que necesiten de otro elemento para ser utilizados o completos. Es probable que sus destinatarios no puedan volver a jugar con ellos una vez se acaben las pilas, o arreglarlos si los mecanismos se estropean.
"
Se alguén ten coñecemento doutras campañas solidarias, comparte!!, informa!!
Hai moitas formas de vivir o Nadal!!
viernes, 14 de diciembre de 2012
4º postal de PEKY
Outro venres mais..
e outra postal de PEKY!!
Esta vez precisamos da vosa axuda!!
Sabemos que Peky estivo no norte de Galicia e que xunto a ela hai unha bota de ferro.
Mira a postal e intenta adiviñar onde se atopa!!!
miércoles, 5 de diciembre de 2012
INVESTIGAMOS OS BICHOS
Levamos unhas semanas
investigando os bichos.
Seguimos facendo de reporteiros nos patios
na busca da fotografía perfecta
que descubra os bichos escondidos no patio.
Tamén seguimos tendo visitas inesperadas
de algunha amiga.
Non podemos deixar este aprendizaxe sen realizar unha investigación dos noso bichos.
Araña, Caracol, Erizo, Gusano de castaña, Escarabajo, Mosca azul, Mariposa, Periquito, Abejorro y Ciempiés.
Todos estiveron na nosa aula!!
Elaboramos o libro dos bichos e con el aprendimos moitas curiosidades!!!
Creamos un recanto na nosa aula cheo de libros de bichos
Vimos a película de "BICHOS"
E descubrimos que os bichos son seres maravillosos!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)