martes, 29 de mayo de 2012

A NOSA CONFERENCIA

Onte, inaguramos as Xornadas de Conferencias sobre "As Emocións" e os nen@s de 3 anos foron os protagonistas!! 
      Nesta exposición déronse a coñecer e compartiron con tod@s os seus sentimentos.
Noraboa nen@s!! 
Sodes uns artistas!! nin a vergoña, nin os nervios, nin todo o público pendente de nós...fixo que perdérades a concentración... Traballáchedes moito e todos os aplausos recibidos son a vosa recompensa!!
Unha mostra da conferencia....




Imaxes do gran momento!!


Hoxe tamén tiveron protagonismo os nen@s de 4 anos.
Expertos do MEDO, explicaron que lles asustaba e cantaron unha fermosa cantiga para espantar o medo!!



Mañá seguiremos cos EXPERTOS NA TRISTURA...
Viva a SEMANA DE EXPERTOS!!

viernes, 25 de mayo de 2012

REUNIÓN 5 XUÑO

O vindeiro martes 5 de xuño, as 17:00h terá lugar a reunión de despedida do curso 2011-2012 na aula de 3 anos. Despois de todo un curso de traballo, esforzo, aprendizaxe, maduración… chega o momento de darlle a benvida as vacacións de verán e despedirnos ata o vindeiro curso.
Nesta reunión falaremos das últimas novas sobre o traslado o NOVO COLE e propostas para a inauguración. Explicaranse recomendacións educativas cara o verán e destacaremos os principais logros acadados polos nen@s durante o curso. Para rematar, analizaremos as condutas infantís e como educar o comportamento nunha charla-coloquio na que todos poderemos participar aportando as ferramentas que usamos na casa e “nos funcionan” ou as dúbidas sobre as condutas dos nen@s. 

Coa participación de tod@s contribuiremos, axudándonos uns os outros, na educación dos nen@s

Espero que tod@s as familias podades asistir a esta reunión para despedirme e agradecervos persoalmente o voso entusiasmo!!

jueves, 24 de mayo de 2012

AS CONFERENCIAS DE EXPERTOS

A semana que ven daremos comezo a 2º Xornadas de EXPERTOS.
        Despois dun curso traballando "AS EMOCIÓNS" chega o momento de explicarlle os nosos compañeir@s o que aprendimos. Cada clase escolle unha emoción e convértense en EXPERTOS, preparando unha conferencia onde explicarán  o resto do alumnado a súa "especialidade"
Esta actividade ten un importante valor para os nen@s que esperan con ilusión o día da súa conferencia e viven con moitos nervios o momento de falar en público.
O programa de conferencias será o seguinte:
LUNS: 3 anos, presentación de TODAS AS EMOCIÓNS
            4 anos, expertos do MEDO
MARTES: 5 anos, expertos da TRISTURA
MÉRCORES: 1º ciclo (1º e 2º primaria) expertos da LEDICIA
XOVES: 2º ciclo (3º e 4º primaria) expertos no ENFADO
VENRES: 3º ciclo (5º e 6º primaria) expertos no AMOR

Nós somos os encargados de inagurar o evento e presentar todas AS EMOCIÓNS
 Ensinaremos que podemos sentirnos de moitas maneiras. 
Hai moitas emocións que experimentamos día a día!!
Mira neste vídeo a nosa DIVERSIDADE EMOCIONAL
(Aumenta o vídeo a tamaño completo e xoga a imitar as emocións)





Tamén cantaremos e bailaremos esta cantiga
Practícala na casa 



A próxima publicaremos as CONFERENCIAS DE EXPERTOS
Visitade o blogue das TIC CON PICOLINDO para poder ver todas as conferencias

martes, 22 de mayo de 2012

miércoles, 16 de mayo de 2012

SORPRESA!!


Hoxe foi un día moi especial na escola!!
Chegou o momento de darvos os agasallos SORPRESA!!
Esperamos que vos gustaran, levounos moito traballo e esforzo pero a mellor recompensa é o voso AMOR!!

Cando chegamos a clase sentíamonos moi felices!!
E aínda quedaba máis!! unha sorpresa que descubriríades na casa...
A MÁQUINA DE BICOS
Como vos imaxinades serve para dar BICOS: bicos grandes, pequenos, bicos de cores, bicos silenciosos, ruidosos, bicos na nariz, na meixela.... 




Hoxe tamén festexamos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 
Aprendemos moitas cousas sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE. 
Mira que libro máis bonito fixemos!! 





Esta semana tamén fomos de visita a aula dos nen@s de 4 anos. Invitáronnos para aprender cousas sobre o PEZ LUNA: Sabíades que pode pesar 2.000 kg y medir máis de 3 metros? Se queremos visitar un podemos ir a un acuario en Barcelona. Ao pez Luna gústalle vivir en augas quentes e aliméntase de medusas. As súas crías parécense a un pez globo. En europa non se pode comer pero noutros países como Japón, Corea o Taiwan; o pez Luna é un plato delicioso!!


viernes, 4 de mayo de 2012

GRACIAS, MAMIS

jueves, 3 de mayo de 2012

OS MAIOS

Por segundo ano consecutivo,  celebramos na escola a festa dos Maios. Como sabedes é unha festa popular galega na que se celebra o comezo da primavera e na que se fai unha exaltación da natureza. En Galicia, os Maios celébranse os primeiros días do mes de maio.
Primeiro imos a ver un vídeo para aprender cousas da historia dos maios.




Temos que contar que foi un día de moito traballo no cole porque estivemos moi atarefados facendo o noso Maio e preparando todo para a actuación.
O programa desta xornada foi:
-De 9h a 11:30:
Confección de grinaldas nas aulas ecolocación do verde no maio.

 
-De 11:30h a 12:00h:
Tempo de lecer.
-De 12h a 12:30h:
Montaxe do maio.
 
Cantiga do maio co retrouso común e estrofas creadas nas aulas.
-De 12:30h a 13:50h:
Visitannos uns gaiteiros e acompañannos no
baile das fitas,
 
na procesión
 e remate da festa co Himno Galego.
 Nestas presentacións queremos amosarvos como traballaron os vosos peques e non tan peques. Cremos que o esforzo tivo unha recompensa.

 GRAZAS FAMILIAS polas flores, fentos, fiúnchos, froitas,...