viernes, 31 de octubre de 2014

LIBROS PARA SOÑAR CELEBRARÁ O SAMAÍN CUNHA SESIÓN DE CONTOS DE MEDO

 
LIBROS PARA SOÑAR invita a nenos e nenas, nais e pais, a celebrar HOXE venres a festa do Samaín cunha sesión especial de contos de medo a partir das 18:30 horas, con entrada libre. Na Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea son moitos os títulos que abordan esta temática, mais o repertorio da actividade incluirá obras de autores tan senlleiros como Maurice Sendak, Mercer Mayer ou Anthony Browne, publicados no catálogo de KALANDRAKA.
“Onde viven os monstros” será unha das historias máis celebradas polos cativos, atraídos polas aventuras de Max, o protagonista deste perfecto exemplo de álbum ilustrado.
Con “Un pesadelo no meu armario” o público infantil gozará das peripecias dun neno para conciliar o sono pola noite, preocupado pola presenza no seu cuarto dunha criatura que resulta non ser tan terrorífica como parecía.
Para conto intrigante, “No bosque”, que transcorre nunha misteriosa fraga na que personaxes de contos moi coñecidos polos lectores vánselle presentando ao protagonista desta historia no camiño á casa da súa avoa.
Non faltará “Gato Guille e os monstros”, de Rocío Martínez, co que moitos nenos e nenas se identifican nos primeiros anos da infancia, cando calquera ruído no entorno doméstico os asusta; uns temores que Guille aprenderá a racionalizar coa axuda da súa nai.

Onde viven os monstros   Un pesadelo no meu armario   http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/covers/no-bosque-G_01.jpg   Gato Guille e os monstros

LIBROS PARA SOÑAR
Triunfo 1, Vigo. | 986 43 37 68
FirmaK
Libros para Soñar en Facebook

jueves, 30 de octubre de 2014

RECUNCHOS de MEDO

A semana do MEDO tivo recunchos escondidos
cheos de cabazas, arañas e bichos...

 GRAZAS polo voso esforzo e creatividade!!
Sodes uns ARTISTAS!!
 






















Aprendimos que o MEDO é unha EMOCIÓN natural, unha emoción que todos sentimos.
As veces, os MEDOS escóndense na nosa cabeza.
Confúndennos e atorméntannos!!
 
Visitamos o TÚNEL DO MEDO
Un espazo da nosa escola
TERRORÍFICO!!
Pero nós, expertos do MEDO, gozamos coas cabazas, a música de medo e as bromas da festa do SAMAÍN!!




 
 Mira as nosas caras de MEDO!!
 E tí, a que lle tes MEDO?
COMPARTE con nós os teus MEDOS!!

lunes, 27 de octubre de 2014

A FESTA DO SAMAÍN

Hoxe foi un DIA ESPECIAL!!
Hoxe festexamos o SAMAÍN, a festa do MEDO...
  Durante toda a mañá realizamos moitas actividades para dar a coñecer esta festa tradicional na nosa escola.



Comezamos saudando os nen@s nas fileiras, hoxe foron dúas BRUXAS as encargadas de dar a BENVIDA!!
Os nen@s quedaron SORPRENDIDOS!!
A nosa aula estaba ESCURA, iluminada por unhas poucas velas...
 unha ambientación perfecta para LER CONTOS DE MEDO
 
e para xogar coas SOMBRAS...
 Despois caracterizámonos para dar moito medo e poder asustar os nosos compañeiros de Infantil.
Que disfraces tan medorentos!!
Despois preparamos unha bebida asquerosa!!
ZUMO DE VAMPIRO
 
 
Con tantos sustos e emocións... pensamos...
CALES SON OS NOSOS MEDOS?
E debuxámolos para atrapalos todos dentro da 
CAIXA DOS MEDOS onde nunca mais poderán escapar!!
 Para rematar a xornada do SAMAÍN,
degustamos uns deliciosos DEDOS!!
 Hoxe foi un día diferente!!
Mira todas as imaxes deste día co teu fill@ e deixa un COMENTARIO
 
Xoga en casa facendo click na imaxe
http://static.nickjr.com/game/assets/bubb_halloweenparty/bubble_guppies.swf

lunes, 20 de octubre de 2014

PREPARANDO O SAMAÍN

A vindeira semana festexaremos na escola 
A FESTA DO SAMAÍN
Unha festividade de orixe celta na que celébrase o final do verán e o comezo da estación escura.
Nesta festa traballaremos a EMOCIÓN DO MEDO
e comezaremos ambientando a nosa aula e a escola.
Pronto enviaremos unha nota pedindo 
CABAZAS MOUNSTRUOSAS!! 
A semana que vén levaremos sorpresas e sustos!! pero sobretodo, gozaremos desta festividade!!
E non te olvides que o venres 31 de outubro e o luns 3 de novembro, NON haberá clases!! 
E agora, goza con estes recursos...
Cal che gusta mais???
A BRUXA Meg and Mog en inglés

Constrúe o teu MOUNSTRUO
http://learnenglishkids.britishcouncil.org/sites/kids/files/make-your-own-monster.swf

lunes, 13 de octubre de 2014

RECURSOS PARA APRENDER SOBRE EL OTOÑO

El OTOÑO es una estación preciosa, llena de cambios en nuestro paisaje y en nuestra vida. Debemos adaptar nuestra vestimenta al frío que poco a poco va llegando. Además es tiempo de vendimia y de frutos que son típicos de esta época.
En clase trabajamos cada día con conceptos temporales como los días de la semana o la estación en la que estamos.
JUEGA Y APRENDE EN CASA
con estos recursos

lunes, 6 de octubre de 2014

SOMOS IGUALES

Todos los días hablamos sobre nuestro cuerpo,
cantamos canciones, descubrimos nuestras diferencias
y tomamos conciencia de ser niños o niñas.
 Pero no debemos olvidar, 
que TODOS SOMOS IGUALES