Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de octubre de 2014

RECURSOS PARA APRENDER SOBRE EL OTOÑO

El OTOÑO es una estación preciosa, llena de cambios en nuestro paisaje y en nuestra vida. Debemos adaptar nuestra vestimenta al frío que poco a poco va llegando. Además es tiempo de vendimia y de frutos que son típicos de esta época.
En clase trabajamos cada día con conceptos temporales como los días de la semana o la estación en la que estamos.
JUEGA Y APRENDE EN CASA
con estos recursos

miércoles, 4 de diciembre de 2013

ARTISTAS DE OUTONO

Arcimboldo foi un pintor italiano que creou orixinais cadros e retratos nos que empregaba elementos recollidos da natureza tales como froitas, verduras, flores e legumes.
A actividade xorde como un PROXECTO dentro do Plan Anual de Centro GALICIA 365. Na nosa terra no outono temos moitas festas que ensalzan elementos da natureza, polo que este pintor permítenos traballar moitas facetas do mesmo. 
Coñecimos a orixe deste pintor, onde naceu, cando,.. e logo propuxemonos imitar o xeito de pintar deste gran artista,  coa obra "El Otoño".

Pois mans á obra. O primeiro que fixemos foi fixarnos a posición do corpo no retrato. Non é un retrato de fronte, senón de perfil. Sacámonos fotos no corredor da escola e unha vez impresas as nosas fotografías,  comezamos a debuxar cabazas, laranxas, mazás, uvas, castañas, noces,.. Non  foi  unha tarea sinxela, pero... despois de moitas sesións de traballo o acadamos  elaborar o noso propio cadro, imitando a Arcimboldo.
Papis e mamis, contade as follas que están arredor do cadro. Son moitas?, son poucas?, pois tivemos que, entre todos; colorealas e recortalas. Non foi nada sinxelo, pois aínda nos custa moito utilizar as tesoiras. A profe Ángela, díxonos que na casa podemos recortar, pero que temos que coller ben as tesoiras, non serve collelas de calquera xeito. Debemos facelo como ela nos explicou, queredes que volo conte? .
Esperamos que gocedes co noso traballo, nos estamos moi satisfeitos. Estamos contentísimos co noso traballo e quedounos unha exposición fermosa. Dentro duns días, cando chegue o tempo de Nadal, levaremos o traballo para casa e entre todos, buscaremos a parede máis axeitada para colgar a MIÑA OBRA DE ARTE.

 Aproveitamos para traballar a poesía 
"El retrato del emperador".

Con frutas, verduras y flores
pintaba Arcimboldo emperadores.
No necesitaba mirar al modelo,
prefería un buen frutero.

Con peras y manzanas
iba haciendo las caras.
Para la frente despejada
una flor bastaba.

Las mejillas sonrosadas
salían con dos manzanas.
Con una pera hacía la nariz
y para la oreja una mazorca de maíz.

Ojos, párpados y cejas
con espigas, guisantes y frambuesas.
Con dos pepinillos
hacía los bigotillos.

Manzanas, ramilletes y castañas
le ponían barbas bien extrañas.
Para el pelo y las melenas
espigas y uvas por docenas.

Aunue parezca mentira el cuello y la garganta
con cebollas, pepinos y nabos no se atragantan.
Sin camisa el pecho
con una calabaza está hecho.

La capa de flores, alcachofa y espigas
es una capa que da mofa y no abriga.
Pero el retrato está hecho,
no parece contrahecho
y Arcimboldo queda satisfecho.

Poesía sacada do libro "Cada cuadro con su cuento"Ed. Anaya.

lunes, 21 de octubre de 2013

O ARTE DA VENDIMIA

As obras de arte sobre a vendimia
feitas na clase de plástica
con Ángela
Estes nen@s son uns artistas!!

miércoles, 16 de octubre de 2013

TEMPO DE VENDIMIA

Chegou o tempo da VENDIMIA.
Moitos nen@s aprenderon todo o proceso nas casas dos avós.
Logo explícaronnos o que fixeron e compartiron con nós
este froito de outono: as uvas
Grazas Dani S e Laura 
Traballando as técnicas plásticas mirade o que fixeron!!

lunes, 14 de octubre de 2013

SAÍMOS O MUSEO

Hoxe pasamos o día no museo. 
Hai moitos lugares onde aprender!!
Os coñecementos podemos atopalos en multitud de recunchos!!
No museo observamos obras de arte.
Pinturas que representaban as catro estacións.
Mentres escoitábamos a música de Vivaldi e 
atopábamos as pistas escondidas no museo...
lembramos as estacións a través da arte!!
Saír da escola sempre é unha aventura!!
Mira e escoita a Vivaldi nesta presentación!!

jueves, 25 de octubre de 2012

Descubrindo o OUTONO

O outono é unha estación tan rica,
con tantos cambios,
que cada día aprendemos algo novo!!

Un día Noa F, Martín A y Noa S,
trouxéron moitos millos e descubrimos que poden ser de moitos cores
 Outro día, Naiara trouxo piñas, castañas, follas, feixoas...

 E outro, Adrián trouxo unha gran variedade de setas (cogumelos)

O outono é igual o olor das follas, da choiva; o son do vento, da tormenta; o sabor a laranxa, kiwi, mazá, castañas...
Pronto degustaremos os froitos de outono que estades preparando para a exposición do cole!!
O outono é alegría
Mira como a expresamos!!


É unha bágoa non poder usar moitos recursos dixitais sobre o outono porque aínda non funciona a nosa Pizarra Máxica. 
En casa podedes xogar aprendendo...
Preme na imaxe e xoga cos elementos do outono!!

viernes, 19 de octubre de 2012

A visita do ERIZO ROLLIZO

Esta semana tivemos a visita 
do ERIZO ROLLIZO
Un erizo que vive na casa da profe María
e veu visitarnos cun pouco de medo.
Feito unha bola!!
 Necesitaba saír o patio para sentirse maís seguro e abrir o seu corpo.
Por fin poidemos ver a súa cariña!!

Deixámoslle tempo para que non tivese medo mentres o mirábamos de lonxe

Pouco a pouco, puidemos acercarnos e miralo, incluso tocalo!!

Grazas a Santi por facer posible a visita do Erizo Rollizo!!
Despois de ensinarnos moitas cousas sobre este precioso animal devolveuno a un lugar tranquilo e deixouno en liberdade.

 Antes de irse o ERIZO ROLLIZO despediuse dentro da súa caixa

E despois fixemos unha bonita obra de arte co ERIZO ROLLIZO como protagonista

Mira todas as imaxes nesta presentación (pon a música)

miércoles, 10 de octubre de 2012

Sentimentos de OUTONO

      
Coa chegada do OUTONO non podemos deixar de ver follas caídas no chan. Aproveitamos a ocasión para recoller moitas follas e con elas...
Explorar,
Sentir,
Xogar,
Expresar o noso sentimento de outono!!
 Ademais Alex trouxo a escola castañas, erizos, bellotas, piñas...

E David trouxo unhas deliciosas rosquillas feitas na casa!!
Durantes estes días fomos recolectando follas traídas das casas. Na escola tamén recollimos follas no patio. E con todas elas.... Xogamos a ulir, tocar, experimentar o tacto das follas!!
Cheamos a nosa aula de follas!!
Tantas..que metéronse nos buracos mais pequenos da nosa clase!!
Tapamos os ollos e...
Utilizamos todos os sentidos menos a vista para atopar froitos de outono que trouxo Adrián: castañas, noces, mazás...

As imaxes expresan millor que as palabras este día tan especial!!

Mirade...

viernes, 5 de octubre de 2012

Outra vez o OUTONO

          Despois do tempo de verán para ir a praia e xogar no parque, pouco a pouco vemos chegar de novo a estación do outono.
A paisaxe cambia, o tempo cambia, a nosa roupa cambia...


Esta semana Dani trouxo a escola un froito típico do outono para compartir con nós!!

Contounos como recolleu as uvas cos seus avós e tamén descubrimos que serven para comer pero tamén podemos facer viño con elas. Probamos uvas brancas e negras. Todas estaban boísimas!!

Moitas grazas familia!!!

Breixo fixouse no chan e non puido evitar recoller unhas follas enormes para ensinárnolas na clase. 

El deuse conta que as follas caense porque o outono xa comezou.

Gostáron tanto as follas de Breixo que agora queremos chear toda a clase de follas para convertir a nosa aula nunha gran paixase de outono.
Precisamos moitas follas, miles de follas, millones de follas...
 Xa descubriredes o xogo que teño preparado!!

Nahir tamén trouxo un agasallo para nós!!

Fixo unhas magdalenas preciosas que estaban boísimas!!

Esta semana estivo chea de sorpresas!! 

Que maiores estamos!!
 Queredes ver como crecemos durante o verán???
Se se pode, aínda están máis guap@s!!

miércoles, 26 de octubre de 2011

O recuncho de OUTONO

O noso recuncho crece cada día!! Agora temos moitas cabazas e froitos de outono!!

Ademais hoxe comemos unhas deliciosas magdalenas de cabaza que fixo a nai de Martín Álvarez. Moitísimas grazas!!
Gustáronos moito!!
Fíxate!! xa non quedaba ningunha!!

Despois, levamos todas as cabazas a exposición que hai na entrada do colexio e xuntas formamos unha preciosa exposición de cabazas!! Non vola perdades!!

lunes, 24 de octubre de 2011

A NOSA EXPRESIÓN DO OUTONO

As cabazas e froitos de outono no recuncho do MEDO da nosa aula
As arañas chearon o noso castiñeiro de teas de araña

Grazas familias pola vosa participación


Pintamos follas secas de OUTONO

viernes, 14 de octubre de 2011

Coidado cos ourizos, pinchan!!

Hoxe na aula observamos follas dun castiñeiro. Descubrimos que a súa cor cambia cando caen o chan no outono.
 


Na árbore son verdes e fortes. Cando secan, vólvense marróns e arrúganse. 



O froito do castiñeiro é a castaña que nace dentro dun ourizo para protexerse.