Mostrando entradas con la etiqueta DIA DA BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIA DA BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de octubre de 2013

ACTIVIDADES PARA O DÍA DA BIBLIOTECA

Mañá, día 24 de outubro
e o DÍA DA BIBLIOTECA
 Dende a escola propoñemos unha actividade en familia.
O noso obxectivo é conseguir 
365 recomendación para ler!!
Picolindo enviouvos nunha nota informativa con
versos para ler segundo o tempo meterolóxico
e
versos segundo o estado de ánimo!!
Animádevos a participar!

  
Amalia, nai de Martín A. comparte con nós a axenda do concello
para festexar o día da biblioteca. Poderes atopar actividades
dirixidas aos nen@s e adultos na biblioteca central e na biblioteca Xosé Neiras Vilas.
Ollade a programación e gozade do DÍA DA BIBLIOTECA

11:00 Actividades do "Día Internacional da Biblioteca" na Biblioteca Pública Central

  • Lugar: Biblioteca Pública Central de Vigo (r/ Joaquín Yáñez, 6)
  • Horario: 11:00 e 18:00 horas
  • Datas: Ata ó 31/10/2013
Actividades dirixidas tanto a público infantil como adultos:
Xoves 24:
- Na sala infantil, ás 18:00 h: "Hoxe todos somos escritores, ilustradores e editores" (Cucarandainas). Para público familiar.

- Xornada de Portas Abertas: visitas guiadas para coñecer a biblioteca, ás 12:30 h e ás 18:00 h.

Venres 25:
- Na sala infantil, ás 18:00 h: "Soñei que era unha árbore" (Avoa Youja). Para todos os públicos.

Sábado 26:
- Na sala infantil, ás 11:00 h: "Maxia vs Ciencia" (Illa dos nenos). A partir dos 7 anos.
- "Obradoiro de Banda deseñada", ás 12:30 h.

Ademais, do 24 ao 31 de outubro haberá dous centros de interese na biblioteca:

- "Escritores galegos en Vigo: unha selección" (público adulto).
- "A biblioteca nos contos" (público infantil).

 

11:00 Biblioteca Xosé Neiras Vilas: Programación de outono, para o período outubro-decembro

  • Lugar: Biblioteca Xosé Neiras Vilas
    rúa Martínez Garrido 21
  • Datas: Ata ó 30/12/2013
O 24 de outubro celebrarase o Día internacional da Biblioteca, coa participación de Jacobo Fernández, escritor e ilustrador galego, para falar da importancia das bibliotecas na sociedade, actividade dirixida a centros de ensino.

Ademais, teremos as actividades habituais como "Os sabadiños do Roque"; os "Contos Dakí"; o taller "Achégate á Fotografía; o "Obradoiro de Nadal"; "A hora dos contos"; o "Encontro cos escritores", con Fran Bueno e David Rubín; o "Club de lectura"; e "Entre arrolos e contiños", dirixida a nenas e nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.