Mañá, día 24 de outubro
e o DÍA DA BIBLIOTECA
Dende a escola propoñemos unha actividade en familia.
O noso obxectivo é conseguir
365 recomendación para ler!!
Picolindo enviouvos nunha nota informativa con
versos para ler segundo o tempo meterolóxico
e
versos segundo o estado de ánimo!!
Animádevos a participar!
Amalia, nai de Martín A. comparte con nós a axenda do concello
para festexar o día da biblioteca. Poderes atopar actividades
dirixidas aos nen@s e adultos na biblioteca central e na biblioteca Xosé Neiras Vilas.
Ollade a programación e gozade do DÍA DA BIBLIOTECA
11:00 Actividades do "Día Internacional da Biblioteca" na Biblioteca Pública Central
- Lugar: Biblioteca Pública Central de Vigo (r/ Joaquín Yáñez, 6)
- Horario: 11:00 e 18:00 horas
- Datas: Ata ó 31/10/2013
Xoves 24:
- Na sala infantil, ás 18:00 h: "Hoxe todos somos escritores, ilustradores e editores" (Cucarandainas). Para público familiar.
- Xornada de Portas Abertas: visitas guiadas para coñecer a biblioteca, ás 12:30 h e ás 18:00 h.
Venres 25:
- Na sala infantil, ás 18:00 h: "Soñei que era unha árbore" (Avoa Youja). Para todos os públicos.
Sábado 26:
- Na sala infantil, ás 11:00 h: "Maxia vs Ciencia" (Illa dos nenos). A partir dos 7 anos.
- "Obradoiro de Banda deseñada", ás 12:30 h.
Ademais, do 24 ao 31 de outubro haberá dous centros de interese na biblioteca:
- "Escritores galegos en Vigo: unha selección" (público adulto).
- "A biblioteca nos contos" (público infantil).
11:00 Biblioteca Xosé Neiras Vilas: Programación de outono, para o período outubro-decembro
- Lugar: Biblioteca Xosé Neiras Vilas
rúa Martínez Garrido 21 - Datas: Ata ó 30/12/2013
O 24 de outubro celebrarase
o Día internacional da Biblioteca, coa participación de Jacobo
Fernández, escritor e ilustrador galego, para falar da importancia das
bibliotecas na sociedade, actividade dirixida a centros de ensino.
Ademais, teremos as actividades habituais como "Os sabadiños do Roque"; os "Contos Dakí"; o taller "Achégate á Fotografía; o "Obradoiro de Nadal"; "A hora dos contos"; o "Encontro cos escritores", con Fran Bueno e David Rubín; o "Club de lectura"; e "Entre arrolos e contiños", dirixida a nenas e nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.
Ademais, teremos as actividades habituais como "Os sabadiños do Roque"; os "Contos Dakí"; o taller "Achégate á Fotografía; o "Obradoiro de Nadal"; "A hora dos contos"; o "Encontro cos escritores", con Fran Bueno e David Rubín; o "Club de lectura"; e "Entre arrolos e contiños", dirixida a nenas e nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!