Se non nos parásemos a pensar no moito que temos e nas dificultades doutros. Se o Nadal non fose SOLIDARIO converteriamos estas datas no que transmiten os medios de comunicación e leva á
sociedade a un consumo sen control.
Loitar contra iso nestas datas é
como intentar comezar unha dieta; por iso, dende a escola propoñemos intentar
controlar os excesos e cultivar o noso espírito solidario.
Falar cos nen@s de Infantil sobre as
necesidades doutros é moi complicado cando só pensan en todos os
agasallos que lle van pedir aos Reis Magos!! Facerlles ver que existen
persoas que viven en situacións desfavorecidas resulta pouco efectivo senón é
un traballo diario...
Nestas datas, na aula, temos presente aos nen@s que
non gozan de multitude de xoguetes ou non
teñen unha escola onde poder aprender e xogar cos seus amigos.
A sensibilización dos nenos levounos a
propoñer ideas para aportar o noso granito de area nestas datas...
Temos dúas propostas: a
primeira, xurdiu despois de ver a mensaxe que Papá Noel envioume... Os nen@s quedaron conmovidos!! este ano pedirán menos xoguetes, é lóxico!!
A segunda proposta, consiste en doar un xoguete a unha entidade que os reparta e axude a Papá Noel e os Reis Magos.
A segunda proposta, consiste en doar un xoguete a unha entidade que os reparta e axude a Papá Noel e os Reis Magos.
As propostas foron ideadas polos
alumn@s con gran entusiasmo!!
Para máis información, preme na imaxe.
Para todos aqueles que queirades participar neste acto solidario anímovos a que visitedes os puntos de recollida cos vosos fillos para que poidan aproximarse da vosa man
a estes valores.
Hai moitas formas de vivir o Nadal!!
Unha gran entrada, profe. Por suposto que o Nadal ten que ser fundamentalmente solidario non consumista. Un saudo.
ResponderEliminar