martes, 2 de diciembre de 2014

NADAL SOLIDARIO



Que sería do Nadal se non fose SOLIDARIO? 
Se non nos parásemos a pensar no moito que temos e nas dificultades doutros. Se o Nadal non fose SOLIDARIO converteriamos estas datas no que transmiten os medios de comunicación e leva á sociedade a un consumo sen control.

Loitar contra iso nestas datas é como intentar comezar unha dieta; por iso, dende a escola propoñemos intentar controlar os excesos e cultivar o noso espírito solidario.

Falar cos nen@s de Infantil sobre as necesidades doutros é moi complicado cando só pensan en todos os agasallos que lle van pedir aos Reis Magos!! Facerlles ver que existen persoas que viven en situacións desfavorecidas resulta pouco efectivo senón é un traballo diario...

Nestas datas, na aula, temos presente aos nen@s que non gozan de multitude de xoguetes ou non teñen unha escola onde poder aprender e xogar cos seus amigos.
A sensibilización dos nenos levounos a propoñer ideas para aportar o noso granito de area nestas datas...

Temos dúas propostas: a primeira, xurdiu despois de ver a mensaxe que Papá Noel envioume... Os nen@s quedaron conmovidos!! este ano pedirán menos xoguetes, é lóxico!!



A segunda proposta, consiste en doar un xoguete a unha entidade que os reparta e axude a Papá Noel e os Reis Magos. 
 As propostas foron ideadas polos alumn@s con gran entusiasmo!!

Para máis información, preme na imaxe.
http://quehacerenvigo.es/cada-nino-un-juguete-2014/

Para todos aqueles que queirades participar neste acto solidario anímovos a que visitedes os puntos de recollida cos vosos fillos para que poidan aproximarse da vosa man a estes valores. 

É necesario que @ nen@ desexen realizar a doación. Os valores, os principios, os sentimentos non se impoñen, se propoñen.
 Se alguén ten coñecemento doutras campañas solidarias, comparte!!, informa!! escribe un comentario!!
Hai moitas formas de vivir o Nadal!!

1 comentario:

  1. Unha gran entrada, profe. Por suposto que o Nadal ten que ser fundamentalmente solidario non consumista. Un saudo.

    ResponderEliminar

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!