PERIODO DE ADAPTACIÓN 
Para os cativos de 3 anos foron uns 
días  moi especiais cheos de experiencias novidosas, espazos que 
descubrir e  persoas e amig@s novos que coñecer... 
É normal que cada día e
 cada  instante navegasen por un .... 
MAR DE EMOCIÓNS
QUE INTENTAMOS DESENVOLVER NOS NEN@S?
Axúdame a conseguilo!!
Confianza en si mesmos
Os nen@s deben crer que poden ter éxito. Non deixes de dicirllo!!
 Independencia
Os nen@s deben aprender a facer as cousas por si mesmos. Non debemos ser sobreprotectores!!
 Motivación 
Os nen@s deben querer aprender. A curiosidade é o motor da aprendizaxe!!
 Curiosidade
Utiliza a súa curiosidade natural para que poidan aproveitar ao máximo as oportunidades para aprender.
 Constancia
Os nen@s deben aprender a rematar o que comezaron.
 Cooperación
Os nen@s deben saber como levarse ben con outros nen@s e aprender a compartir e tomar quendas.
 Autocontrol
Os
  nen@s deben aprender que hai boas e malas maneiras de expresar o seu  
enfado. Debemos ensinalos a comunicar o seu enfado verbalmente e a forma
  de solucionar os problemas sen violencia.
 Empatía
Os nen@s deben expresar un interese por outras persoas e comprender como se senten.
Seguro que levaron moi ben o periodo de adaptación e disfrutan indo ao cole. Un saúdo.
ResponderEliminar