jueves, 23 de enero de 2014

PARTICIPA


INVITACIÓN
GRAVACIÓN do VÍDEO-CLIP  
“DíA DA PAZ”
O vindeiro XOVES 30 de xaneiro convidamos a todas as familias a celebración do DÍA DA PAZ participando na gravación dun video-clip no que os protagonistas serán todos os alumn@s do centro. Aprenderán, traballando en equipo, o significado da cooperación, o esforzo e a solidariedade. Demostrarán que XUNTOS podemos conseguir moito máis que un só.!!
Non  perdas a oportunidade de compartir esta actividade con nós!!
Poderás participar e descubrir o noso sentir!!... pero esta actividade precisa do cumprimento dalgúns requisitos:

  1. Deberás acudir á escola con vestimenta BRANCA.
  2. Vén sen bolsas nin trebellos. Acude co necesario para poder ter as mans baleiras e bailar con nós!!
  3. Non utilices ningún MEDIO TECNOLÓxICO para gravar ( Móbil, cámara de vídeo, tablet…) Na gravación haberá máis cámaras que recompilarán o momento. Podes vir PARTICIPAR pero NON GRAVAR.

Uns días despois da GRAVACIÓN compartiremos con toda a COMUNIDADE EDUCATIVA o noso videoclip a través da web do centro e todos os blogues activos. COMPARTE a nosa experiencia e OPINA!!
Forma parte do noso compromiso por unha EDUCACIÓN DE CALIDADE.
Para poder controlar a asistencia o evento LE as condicións e CUBRE a nota que enviouse as casas se queres ASISTIR.
Data e hora do evento: 30 DE XANEIRO as 12:30h (Ábrense as portas)
LUGAR: Ximnasio do centro (Acceso para as familias pola porta traseira)
PARTICIPACIÓN NO EVENTO: Cantar e bailar a nosa CANTIGA DE PAZ acompañando o alumnado na coreografía preparada. Participar na elaboración de materiais para ilustrar o festexo (pancartas, globos….) Fala coa ANPA para colaborar con nós. E, por suposto… Axúdanos a rematar o evento cunha morea de aplausos e risas!! Todos gozaremos dun DÍA ESPECIAL!!

4 comentarios:

  1. Voy a hacer lo posible para poder ir, pero como me puedo aprender la cancion de la paz? No tengo idea cual es

    ResponderEliminar
  2. Seguro que vos sae fenomenal. Xa nolo amosaredes . Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. familia álvarez núñezenero 24, 2014

    grazas por contar coas familias unha vez máis!! o ano pasado pasámolo moi ben.
    na casa só nos din que é un segredo e que nos levaremos unha sorpresa... seguro que sí!

    paréceme unha boa idea que alguén se encargue de gravar o evento en lugar de cincuenta cámaras ao aire, o que si me gustaría é que se revisen os encadres, deume moita pena non ver a todos os peques no vídeo de Rodolfo, desprazando a cámara un metro cara a atrás terían saído os dez alumnos que quedaron fóra.

    saúdos

    ResponderEliminar
  4. Intentaremos crear un vídeo que amose a experiencia e lembre os nenos e nenas todo o que podemos facer xuntos. Estou facendo o guión de gravación...espero ter tempo para os case 200 nenos...ains que nervos!! non vos preocupes pola canción e o baile. Antes de comezar dareivos instruccións para participar..Será moi divertido!! a letra é moi sinxela, aprenderédela nun intre...so vos anticipo que será de Mercedes Peón a nosa banda sonora. Animádevos!!

    ResponderEliminar

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!