INVITACIÓN
GRAVACIÓN do VÍDEO-CLIP
“DíA DA PAZ”
“DíA DA PAZ”
O vindeiro XOVES 30 de
xaneiro convidamos a todas as familias a celebración do DÍA DA PAZ participando na gravación dun video-clip no que os protagonistas serán
todos os alumn@s do centro. Aprenderán, traballando en equipo, o significado da
cooperación, o esforzo e a solidariedade. Demostrarán que XUNTOS podemos conseguir moito máis que un só.!!
Non perdas a
oportunidade de compartir esta actividade con nós!!
Poderás participar e descubrir o noso sentir!!... pero
esta actividade precisa do cumprimento dalgúns requisitos:
- Deberás acudir á escola con vestimenta BRANCA.
- Vén sen bolsas nin trebellos. Acude co necesario para poder ter as mans baleiras e bailar con nós!!
- Non utilices ningún MEDIO TECNOLÓxICO para gravar ( Móbil, cámara de vídeo, tablet…) Na gravación haberá máis cámaras que recompilarán o momento. Podes vir PARTICIPAR pero NON GRAVAR.
Uns días despois da GRAVACIÓN compartiremos con toda a COMUNIDADE EDUCATIVA o noso videoclip a través da web do centro e todos os blogues activos. COMPARTE a nosa experiencia e OPINA!!
Forma parte do noso compromiso por unha EDUCACIÓN DE
CALIDADE.
Para poder controlar a asistencia o evento LE as condicións e CUBRE a nota que enviouse as casas se queres ASISTIR.
Data e hora do evento: 30 DE XANEIRO as 12:30h (Ábrense as portas)
LUGAR: Ximnasio do centro
(Acceso para as familias pola porta traseira)
PARTICIPACIÓN NO EVENTO: Cantar e bailar a nosa CANTIGA
DE PAZ acompañando o alumnado na coreografía preparada. Participar na
elaboración de materiais para ilustrar o festexo (pancartas, globos….) Fala coa
ANPA para colaborar con nós. E, por suposto… Axúdanos a rematar o evento cunha
morea de aplausos e risas!! Todos gozaremos dun DÍA ESPECIAL!!
Voy a hacer lo posible para poder ir, pero como me puedo aprender la cancion de la paz? No tengo idea cual es
ResponderEliminarSeguro que vos sae fenomenal. Xa nolo amosaredes . Un saúdo.
ResponderEliminargrazas por contar coas familias unha vez máis!! o ano pasado pasámolo moi ben.
ResponderEliminarna casa só nos din que é un segredo e que nos levaremos unha sorpresa... seguro que sí!
paréceme unha boa idea que alguén se encargue de gravar o evento en lugar de cincuenta cámaras ao aire, o que si me gustaría é que se revisen os encadres, deume moita pena non ver a todos os peques no vídeo de Rodolfo, desprazando a cámara un metro cara a atrás terían saído os dez alumnos que quedaron fóra.
saúdos
Intentaremos crear un vídeo que amose a experiencia e lembre os nenos e nenas todo o que podemos facer xuntos. Estou facendo o guión de gravación...espero ter tempo para os case 200 nenos...ains que nervos!! non vos preocupes pola canción e o baile. Antes de comezar dareivos instruccións para participar..Será moi divertido!! a letra é moi sinxela, aprenderédela nun intre...so vos anticipo que será de Mercedes Peón a nosa banda sonora. Animádevos!!
ResponderEliminar