Chega o momento de falar do ENFADO
Esa emoción que sentimos cando cremos que un volcán está a punto de estoupar dentro de nós
PICOLINDO contounos a seu conto do ENFADO. Con esta historia aprendimos que co ENFADO podemos facer dano a quen queremos.
O ENFADO hai que paralo e nós dicímoslle "STOP"
Aprendimos que para parar o ENFADO hai tres cousas que podemos facer
- Ir o noso lugar favorito a estar tranquilos
- Respirar fondo
- Pensar en cousas bonitas
En clase cando estamos ENFADADOS poñemos a posición da tartaruga e buscamos a maneira de relaxarnos. Durante este días traballamos na técnica da tartaruga e inventamos un baile.
Mirade neste vídeo como representamos o BAILE DO ENFADO!!
É un deleite ver a súa naturalidade!!
Outra historia que fala do ENFADO e a de Navi e Iván. A través dun conto interacctivo onde ti deberás participar, cóntannos "Que facemos co ENFADO?"
Tod@s sentímonos ENFADADOS algunha vez. É unha emoción natural, ata Pocoyó e Pato enfadáronse algunha vez!!
Mira a súa historia!!
O ENFADO infantil é unha emoción que nos cativos destes anos prodúcese cando non conseguen algo que desexan. Esta conducta ten por obxecto afirmar a sua personalidade e demostrar o seu poder. Debemos aprenderlles os nen@s que estas conductas non son permitidas.
Deixovos unha posibilidade que quizáis funcione... (se alguén a pon en práctica, por favor deixade comentarios)