Felices festas a todos!!
sábado, 24 de diciembre de 2011
miércoles, 21 de diciembre de 2011
A festa de NADAL
Hoxe foi un día de festa!!
É unha pena que non puideramos compartila coas familias.
Espero que estas imaxes os amosen o ben que o pasamos, o felices que nos sentimos e porque hoxe tamén a merenda volveu enteira para casa!!je,je..
Comezamos coa visita do APALPADOR, os agasallos de despedida de IRIA, os disfraces de RODOLFO, a cantiga con todos os nen@s de educación Infantil. Logo fomos a CHOCOLATADA, despois o recreo, vimos a película de RODOLFO e o final, para despedir o ano 2011, fomos comer as 12 uvas da sorte o ritmo das campanadas..
Feliz aninovo para tod@s!!
Se queredes ver o ben que cantamos a cantiga de RODOLFO todos os nen@s de Educación Infantil, preme no play
Festexa con nós o novo ano comendo as 12 uvas da sorte!!
Mira que ben o pasamos todos os nen@s da escola do Rocío!!
martes, 20 de diciembre de 2011
Que é para ti a FELICIDADE?
Este sentimento esperta en nós sensacións agradables e de benestar. Descubrimos que a felicidade non é unha meta senón o camiño por percorrer así que sendo OPTIMISTAS lograremos sentir máis veces a FELICIDADE!!
No seguinte vídeo os vosos fill@s contánnos que é para eles a FELICIDADE...
Dende a escola quero desexarvos unhas FELICES FESTAS!!
PICOLINDO tamén quiso falarnos deste sentimento. No conto anterior relatábanos unha historia terrorífica; esta vez, fálanos do DÍA MAIS FELIZ DA SÚA VIDA
No seguinte vídeo os vosos fill@s contánnos que é para eles a FELICIDADE...
Dende a escola quero desexarvos unhas FELICES FESTAS!!
PICOLINDO tamén quiso falarnos deste sentimento. No conto anterior relatábanos unha historia terrorífica; esta vez, fálanos do DÍA MAIS FELIZ DA SÚA VIDA
Todos os nen@s da escola que quixeron participar nesta actividade contáronnos que é para eles a felicidade...
Grazas a todos os rapaces por compartir as súas emocións e os mestres Juan e Cris por axudar a realizar este bonito agasallo...
Fai click no play e mira os vídeos...
Fai click no play e mira os vídeos...
lunes, 19 de diciembre de 2011
Actividades de LECER para este NADAL
Desde a Consellería de Normalización Lingüística, ofrécennos unha chea de actividades e actuacións para este Nadal.
Espero que vos gusten!!
actividades_nadal
miércoles, 14 de diciembre de 2011
FESTA DE ANIVERSARIO
Hoxe, festexamos o aniversario de todos os nen@s que naceron en setembro, outubro, novembro e decembro. Durante este trimestre 10 nen@s da nosa clase cumpriron 3 anos!!
A nosa festa tiña como tema o NADAL, por iso comezamos facendo uns pinchos de uvas de fin de ano e nubes; e comemos turrón e polvorones... Deunos tempo a exprimir o noso zume de laranxa, cantar, bailar e xogar as sillas!!
Ai, foi un día ESTUPENDO!!
martes, 13 de diciembre de 2011
Chegou o NADAL
Gústavos o noso ABETO??
Decoramos a entrada da nosa clase con este bonito abeto feito coas mans de todos os nen@s
lunes, 12 de diciembre de 2011
viernes, 2 de diciembre de 2011
RODOLFO
Esta semana a PROFE IRIA ensinounos moitísimas cousas sobre o NADAL. Presentounos o noso amigo RODOLFO e contounos unha historia fermosa del. Xogamos e aprendimos coa pizarra máxica. Bailamos, cantamos e tamén nos disfrazamos!!!
Ilustramos o conto de "RODOLFO, EL RENO" traballando todos xuntos. Cada grupo realizaba unha páxina do conto participando entre tod@s na súa elaboración. Mírade que precioso quedounos!!
Grazas profe Iria!!
Ilustramos o conto de "RODOLFO, EL RENO" traballando todos xuntos. Cada grupo realizaba unha páxina do conto participando entre tod@s na súa elaboración. Mírade que precioso quedounos!!
Ponlle a música e cóntalle o conto o teu fill@
jueves, 1 de diciembre de 2011
Chega o NADAL
Coa chegada do NADAL recibimos a visita do noso amigo "RODOLFO, El reno" que contounos como chegou ser o reno preferido de Papá Noel.
Acompáñanos en clase e o encargad@ de cada día preocúpase de coidalo: Darlle a merenda, levalo o patio, explicarlle as tarefas, lembrarlle de ir o baño....
Ensinounos unha cantiga moi divertida que cantamos todos os días na escola.
Queres aprendela???
viernes, 25 de noviembre de 2011
jueves, 24 de noviembre de 2011
miércoles, 23 de noviembre de 2011
A ALEGRÍA DE TITO
O traballo emocional segue nas nosas aulas. Despois de entender o MEDO chega o momento de traballar a
LEDICIA
Coñecimos a TITO, un malabarista que se sentía moi triste despois de perder a súa nariz. Non vos preocupedes, o final da historia recuperouna e ademais deuse conta que tamén podía ser moi feliz sen ela.
Queredes ver que ven nos queda a nariz de TITO?
viernes, 18 de noviembre de 2011
jueves, 17 de noviembre de 2011
FESTEXAMOS O MAGOSTO
O mércores foi un DÍA ESPECIAL. A nosa primeira festa na escola!! Descubre todo o que fixeron ese día os nen@s de 3 anos!!
Toda festa require unha preparación.Queres ver como fixemos A NOSA CASTAÑEIRA e organizamos o día? Os nen@s de 3 anos tamén participaron!!
viernes, 11 de noviembre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


