A festa do SAMAÍN,
e unha festa moi esperada na escola.
Todos temos ganas de pasar MEDO
....
Esta semana traballamos a historia de 
Fiz, o coleccionista de medos.Un neno moi medorento que para atrapar os seus medos encerrounos nunha caixa para que non puideran escapar.
Igual que Fiz, hoxe acabamos cos nosos medos!!
A través dun conxuro máxico que precisaba de algún ingredentes segredos
- 5 colas de rato escondidas pola clase por un duende traveso
 - 6 avelás mesturadas entre moitas castañas
 - 3 nubes escondidas entre follas
 - eneldo para que cheire moi ben
 - un gran grito para asustar os nosos medos
 
Despois do conxuro, comimos as delicias que trouxeron Anastasia e Laura M.: Galletas terroríficas e biscoito de cabaza
 Pronto, chegaron os nenos e nenas de 3 anos para asustarnos!!
Esta festa, non sería o memo sen as vosas cabazas decoradas de MEDO. Parabéns polo traballo de decoración!!  
Hoxe acendimos as cabazas!!
Os sustos chegaron o final da mañá cando visitamos a biblioteca de Picolindo ambientada para o Samaín
E para xogar e aprender no Samaín, preme na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!