viernes, 9 de marzo de 2012

COMO É O NOSO BARRIO?


Esta semana comezamos a falar sobre o noso barrio: BOUZAS. 
Descubrimos que en Bouzas, o igual que no barrio de LOLA, temos moitas tendas que nos dan servizos: panaderías, froiterías... temos un mercado preto da alameda onde poder comprar todo o que necesitemos!! Tamén podemos pasear polos nosos parques ou andar en bibicleta ou en patíns polo noso paseo. 
É precioso o carón do mar!!
Bouzas é un barrio mariñeiro cun porto marítimo cheo de barcos e moi preto temos o MUSEO DO MAR!! 
Bouzas celebra as súas festas no verán onde podemos ver os fogos artificiais!!
Mira que vídeo tan bonito con imaxes do noso barrio!!
Esta fin de semana vai facer bo tempo, poderíades aproveitar para dar un paseo polo barrio e falar cos nen@s sobre todo o que nos rodea. É un momento perfecto para darlle importancia as pequenas cousas e maravillarse dos lugares cotiás. 
Recoméndovos a visita o Museo do Mar!! é un lugar fascinante cun acuario precioso.
Preme aquí para visitar a súa web
Pelayo e a súa pandilla ensináronnos a importancia de coñecer as sinais de tráfico e de manter os espazos limpos. Preme nas imaxes e poderedes encontrar contos e xogos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!