PERIODO DE ADAPTACIÓN 
Esta  semana comezamos a escola!!! e para os cativos de 3 anos foron uns días  moi especiais cheos de experiencias novidosas, espazos que descubrir,  persoas e amig@s novos que coñecer... É normal que cada día e cada  instante navegasen por un .... MAR DE EMOCIÓNS
QUE INTENTAMOS DESENVOLVER NOS NEN@S?
Axúdame a conseguilo!!
Confianza en si mesmos
Os nen@s deben crer que poden ter éxito. Non deixes de dicirllo!!
 Independencia
Os nen@s deben aprender a facer as cousas por si mesmos. Non debemos ser sobreprotectores!!
 Motivación 
Os nen@s deben querer aprender. A curiosidade é o motor da aprendizaxe!!
 Curiosidade
Utiliza a súa curiosidade natural para que poidan aproveitar ao máximo as oportunidades para aprender.
 Constancia
Os nen@s deben aprender a rematar o que comezaron.
 Cooperación
Os nen@s deben saber como levarse ben con outros nen@s e aprender a compartir e tomar quendas.
 Autocontrol
Os  nen@s deben aprender que hai boas e malas maneiras de expresar o seu  enfado. Debemos ensinalos a comunicar o seu enfado verbalmente e a forma  de solucionar os problemas sen violencia.
 Empatía
Os nen@s deben expresar un interese por outras persoas e comprender como se senten.
Estes  primeiros días de emocións, os nen@s coñeceron os espazos da aula  descubrindo os xoguetes que había nos recunchos e aprendendo as normas  para poder usalos.  
Na  nosa aula tamén temos espazos propios: un percheiro para a miña roupa,  tarxetas co meu nome, un casilleiro para os meus traballos. Cantos máis  espazos descubro, máis me gusta o meu cole!!!
Estes  días coñecemos o patio da escola. Estaba cheo de casiñas, tobogáns,  motos, patinetes….So faltaban o resto dos rapaces da escola. O patio foi  todo para nós!!
Non  podemos esquecernos da nosa amiga PEKY… Todos os días ela e a profe  María danos os bos días e ven despedirnos a porta. Querémola moito  porque sempre regálanos os caramelos de Peky e as estrelas de Peky para  poder ensinarlles as familias o ben que nos portamos na escola.
Para rematar, preme no vídeo e poderás ver os rapaces de 3 anos nos seus primeiros días de escola. Esperamos que vos guste!!. 

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!