lunes, 17 de diciembre de 2012

FESTA DE ANIVERSARIO

Hoxe festexamos os aniversarios dos nen@s
nacidos en setembro, outubro, novembro e decembro!! 
O NADAL foi a temática desta festa,
xa que nestas datas,
ningún día esquecemos O NADAL!!
Comezamos o día cunha sorpresa!!
RODOLFO, escribíranos unha carta!!
    
E pronto descubrimos que viñera a visitarnos neste día tan especial!!
Que ledicia o reencontro con RODOLFO!!

RODOLFO trouxo de agasallo uns gorros de Papá Noel para os nen@s que festexaban o seu aniversario
E comezamos a festa bailando e cantando a cantiga de Rodolfo
 O noso amigo ensinounos un truco de maxia!!
Abracadabra, pata de cabra,
frota,frota
y se pegará en la cabezota!!
 Os globos quedaban pegados por arte de maxia!!

Despois comezamos o taller de cociña.
Esta vez preparamos uns deliciosos bonecos de plátano e piña
E un abeto de Nadal feito co equilibrio das 12 uvas da sorte!!
Tamén comimos postres navideños e para rematar...
Fuuuuuuuu!!
Un soprido entre todos apagou a vela.


Despois chegou o momento de relax!!
O conto da CAIXA DE RECORDOS axudounos a lembrar moitas cousas
Pedimos desexos...
E esperamos que se fagan realidade!!

Logo xogamos a tea de araña!!
Entre todos construímos unha tea que necesitaba de cada un de nós para non romperse!!
Somos un grupo e con este xogo, dímonos conta!!
 Para rematar a festa, xogamos con outro agasallo de RODOLFO:
Pompas de xabón!!
 Antes de irnos, 
despedímonos de RODOLFO.
Na carta contounos que agora ten moito traballo e que mañá xa non poderá estar connosco!!
Grazas RODOLFO!!
 Mirade todas as imaxes da festa nesta presentación.
Non te esquezas de poñer a música para escoitar a cantiga de Rodolfo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!