Despois do tempo de verán para ir a praia e xogar no parque, pouco a pouco vemos chegar de novo a estación do outono.
A paisaxe cambia, o tempo cambia, a nosa roupa cambia...
Esta semana Dani trouxo a escola un froito típico do outono para compartir con nós!!
Contounos como recolleu as uvas cos seus avós e tamén descubrimos que serven para comer pero tamén podemos facer viño con elas. Probamos uvas brancas e negras. Todas estaban boísimas!!
Moitas grazas familia!!!
Breixo fixouse no chan e non puido evitar recoller unhas follas enormes para ensinárnolas na clase.
El deuse conta que as follas caense porque o outono xa comezou.
Gostáron tanto as follas de Breixo que agora queremos chear toda a clase de follas para convertir a nosa aula nunha gran paixase de outono.
Precisamos moitas follas, miles de follas, millones de follas...
Xa descubriredes o xogo que teño preparado!!
Nahir tamén trouxo un agasallo para nós!!
Fixo unhas magdalenas preciosas que estaban boísimas!!
Ademais dos días fixos no calendario tamén serán días
NON LECTIVOS
Venres, 7 DECEMBRO
Luns, 20 MAIO
Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013, nos centros docentes sostidos con fondos públicos. Calendario escolar 2012/2013 (DOG)
Setembro
12 Comezo das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria
Outubro
12 Día non lectivo. Día da Hispanidade
Novembro
1 Día non lectivo. Todos os Santos
2 Día non lectivo. Día do Ensino
Decembro
6 Día non lectivo. Día da Constitución
7 Día non lectivo.
22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Nadal
Xaneiro
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 Vacacións de Nadal
Febreiro
11, 12, 13 Vacacións de Entroido
Marzo
25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Semana Santa
Abril
1 Vacacións de Semana Santa
Maio
1 Día non lectivo. Festa do traballo
17 Día non lectivo. Día das Letras Galegas
20 Maio. Día non lectivo
Xuño
21 Remate das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.
Dificultade: encontrar a Quique para que fixera este soño posible
Resultado: As súas caras de satisfacción, misión conseguida!!
A sorpresa de Xaquín
Esta semana Xaquín trouxo a escola unha mazorca de millo.
Todos estabamos sorprendidos o ver o abrigo de follas que o tapaba!
Xaquín explicounos como o conseguiu e descubriunos como é este interesante cereal. Grazas familia!!
Despois dunha semana xa sentímonos un grupo!!
E Peky dí que "os mais guap@s da escola"
O vindeiro martes 25 verémonos na escola na reunión de principio de curso. As 17:00 comezaremos no comedor escolar todas as familias de Educación Infantil xuntas para logo agruparnos nas aulas e falar deste curso escolar.
Hoxe xuntámonos de novo na escola e este ano xa non somos os máis cativos!!. Aínda así, comezar de novo provoca emocións indescriptibles!
Algúns dos momentos que vivimos hoxe queremos compartilos..
Hoxe foi un día ESPECIAL!!
Comezamos todos xuntos e pronto fomos coñecer a nosa aula!!
O xogo axudounos a compartir, a lembrar...
Compartimos a merenda lembrando todas as rutinas aprendidas o ano pasado
Tamén tivemos tempo para descansar as emocións con LECTURA e RELAX
Neste día repleto de novas tamén deu tempo para coñecer algúns espazos novos da escola como o comedor, o ximnasio, a aula de música...pero aínda falta moito por coñecer...
Por fin, despois de moitas esperas, inauguramos o COLE NOVO!!
Os mestres estamos a traballar dende hai días para preparar as instalacións ... son tantas cousas!! tanto traballo por facer!! Pensamos que o vindeiro MÉRCORES non haberá problemas para dar un servizo completo, pero aínda hai moitos problemas que arranxar
Matereivos informados estes días...
Mentres ir preparando as cousas para escola,
a mochila, a merenda, o mandilón...
e todas as lembranzas do verán para compartilas na escola!!!
Estou FELIZ de veros nuns días!!
para comezar
un curso escolar
MÁXICO
Dende o vindeiro MÉRCORES 12 as clases comezan con todos os servizos. A xornada escolar será de 9 a 14h e poderase facer uso do comedor escolar.
O primeiro día da escola reunirémonos todos no exterior na nova pista deportiva da escola en donde cada familia co seu fill@ está invitada o faladoiro de apertura do curso.(Breve discurso da directora do centro)Despois deste, cada mestre recollerá o seu alumando e despedirémonos de vós para ir a coñecer a nosa nova aula.
Pronto festexaremos unha inaguración onde poderedes pasear e coñecer todas as instalacións do noso centro.
Así que preparádevos para o PRIMER DÍA DA ESCOLA!!
A mamá de Alex enviounos unha mostra do ben que o pasáchedes na festa da Anpa.
Que ben o pasaron os rapac@s!, Como bailaban!. En recompensa apareceu Bob Esponja. Se non puideches asistir, comproba o ben que o pasamos. Grazas, ANPA, polo voso traballo e esforzo!.
Hoxe festexamos os aniversarios dos nen@s nacidos en maio, xuño, xullo e agosto cunha festa na que a protagonista foi a AUGA
Os nen@s chegaron emocionados a escola, tiñan moitas sorpresas, agasallos, xogos e experimentos que descubrir!
Son uns nen@s moi listos e felices.
O seu sorriso non se borrou da cara!!
O programa de actividades para este día de festa foi o seguinte:
1. EXPERIMENTAMOS e XOGAMOS coa auga:
Faciámonos preguntas, considerábamos hipóteses e comprobábamos os resultados:
De que cor e a auga?Pensábamos que azul, branca, rosa... Pero descubrimos que é TRANSPARENTE!! E cun truco de maxia (aprendido fai centos de miles de anos) trasnformei a auga en cores e aprendemos que auga NON TEN COR!
A que sabe? Pensábamos que a salado pero despois de probar auga con sal e con azucre, comprobamos que auga NON TEN SABOR
A que hule? A limpo, a flores... Pero despois de ulir colonia e alcohol, quedou demostrado que auga NON TEN OLOR
Que son de auga é este? Abrimos as orellas e todos recoñeceron o son da cisterna, da choiva, dun grifo ou unha ducha, das olas do mar e da auga dun río. Aproveitamos os sons para xogar a ser peces, lavarnos a cabeza, as pernas, as mans, os pés...
2. TALLER DE COCINA
Elaboramos soles moi divertidos
Fixemos unha bebida con auga: LIMONADA
E despois de comer soplamos as velas e cantamos " Cumpleaños feliz" A tarta da festa da auga foi diferente, todos preguntaban como íamos comela!!
3. Despois chegaron os XOGOS
E nos preguntamos:Como poderíamos transportar a auga?
Intentámolo de moitas maneiras e xogamos coas esponxas.
Que equipo conseguiu trasnportar máis auga cunha esponxa?
4. A AUGA SERVE PARA LIMPAR: Seguimos usando a auga para limpar os nosos xoguetes da cocinita. Quizáis cando teñan mais anos será unha tarefa desagradable pero nestes, unha das mellores experiencias para moitos!!
5. A SORPRESA: Para rematar a festa cada nen@ recibiu un agasallo. Con el puidemos facer moitísimas POMPAS DE XABÓN, pompas grandes, pequenas...que voaban polo ceo mentres mirabámolas FELICES.
Grazas nen@s por un día tan divertido!!
Para ver todas as imaxes da festa mira estas presentacións