jueves, 6 de septiembre de 2012

A volta O COLE

O vindeiro MÉRCORES 12 é a volta o cole!!
Este ano será un comezo moi ESPECIAL!!
Por fin, despois de moitas esperas, inauguramos o COLE NOVO!!
Os mestres estamos a traballar dende hai días para preparar as instalacións ... son tantas cousas!! tanto traballo por facer!! Pensamos que o vindeiro MÉRCORES non haberá problemas para dar un servizo completo, pero aínda hai moitos problemas que arranxar
Matereivos informados estes días...
Mentres ir preparando as cousas para escola,
a mochila, a merenda, o mandilón...
e todas as lembranzas do verán para compartilas na escola!!!
Estou FELIZ de veros nuns días!!
para comezar
un curso escolar
MÁXICO

Dende o vindeiro MÉRCORES 12 as clases comezan con todos os servizos. A xornada escolar será de 9 a 14h e poderase facer uso do comedor escolar. 
O primeiro día da escola reunirémonos todos no exterior na nova pista deportiva da escola en donde cada familia co seu fill@ está invitada o faladoiro de apertura do curso. (Breve discurso da directora do centro) Despois deste, cada mestre recollerá o seu alumando e despedirémonos de vós para ir a coñecer a nosa nova aula. 
Pronto festexaremos unha inaguración onde poderedes pasear e coñecer todas as instalacións do noso centro.

Así que preparádevos para o PRIMER DÍA DA ESCOLA!!
Que xa son horas!!
E teño MOITAS GANAS do reencontro


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!