Mostrando entradas con la etiqueta CONTACONTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTACONTOS. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de octubre de 2014

LIBROS PARA SOÑAR CELEBRARÁ O SAMAÍN CUNHA SESIÓN DE CONTOS DE MEDO

 
LIBROS PARA SOÑAR invita a nenos e nenas, nais e pais, a celebrar HOXE venres a festa do Samaín cunha sesión especial de contos de medo a partir das 18:30 horas, con entrada libre. Na Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea son moitos os títulos que abordan esta temática, mais o repertorio da actividade incluirá obras de autores tan senlleiros como Maurice Sendak, Mercer Mayer ou Anthony Browne, publicados no catálogo de KALANDRAKA.
“Onde viven os monstros” será unha das historias máis celebradas polos cativos, atraídos polas aventuras de Max, o protagonista deste perfecto exemplo de álbum ilustrado.
Con “Un pesadelo no meu armario” o público infantil gozará das peripecias dun neno para conciliar o sono pola noite, preocupado pola presenza no seu cuarto dunha criatura que resulta non ser tan terrorífica como parecía.
Para conto intrigante, “No bosque”, que transcorre nunha misteriosa fraga na que personaxes de contos moi coñecidos polos lectores vánselle presentando ao protagonista desta historia no camiño á casa da súa avoa.
Non faltará “Gato Guille e os monstros”, de Rocío Martínez, co que moitos nenos e nenas se identifican nos primeiros anos da infancia, cando calquera ruído no entorno doméstico os asusta; uns temores que Guille aprenderá a racionalizar coa axuda da súa nai.

Onde viven os monstros   Un pesadelo no meu armario   http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/covers/no-bosque-G_01.jpg   Gato Guille e os monstros

LIBROS PARA SOÑAR
Triunfo 1, Vigo. | 986 43 37 68
FirmaK
Libros para Soñar en Facebook

martes, 10 de abril de 2012

CONTACONTOS para o tempo de LECER

Hoxe ...
A Librería Nobel Gran Vía en colaboración coa editorial Nivola e El Rompecabezas, ten o pracer de convidarte o martes 10 de abril a dúas interesantes actividades nas que poder compartir lectura e xogos.

Ás 17:00 horas, os máis cativos da casa gozarán dunha sesión de contacontos con Pepa Cuentera e Gota de Agua, na que explicará aos máis pequenos o ciclo da auga dunha maneira amena e divertida 

Ás 18:30 horas, no taller de creatividade lectora "Fogón de contos", serán os pais e nais os que teñan a oportunidade de aprender a achegar a lectura aos seus fillos, contando sempre coas "receitas" e "condimentos" de Pepa.

 LIBRERIA GRAN VIA
ESPACIO DO LECTOR S.L.
C.I.F.: B36164820
AVDA GRAN VIA 184
36211 - VIGO
PONTEVEDRA
Tel.: 986231892 / Fax: 986231892
www.libreriasnobel.es / granvia@libreriasnobel.es

E para o vindeiro domingo 22 abril, 18.00h no Verbum (Samil)


miércoles, 9 de noviembre de 2011

A visita de Sergio e Greta

O pasado martes recibimos no noso colexio a visita de Sergio e Greta, dous fantásticos relatores de contos que maravillaron os rapaces durante unha hora. Contaron a "Historia do Arco da Vella Feliz" e aprendéronnos técnicas de relaxación e meditación. A rapaza Bolboreta conseguiu parar a tormenta e agasallaounos cun anaco do Arco da Vella para utilizar sempre que non nos sintamos ben. 
Fai voar a bolboreta e repite as cores do Arco da Vella


A mestra Cruz da aula de 5 anos gravou toda a historia. Grazas rapaces de 5 anos!! 
Estivéchedes moi atentos!!