Mostrando entradas con la etiqueta EXPERTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPERTOS. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de marzo de 2015

EXPERTOS de PERÚ - MACHU PICCHU

Chegou o momento da nosa
 CONFERENCIA DE EXPERTOS 
para todo o alumnado da escola.
 Esta experiencia educativa desenvólvese na escola dende hai cinco anos. O alumnado aprende a traballar de foma cooperativa e constructiva.

Cada clase especialízase sobre algunha DAS MARABILLAS DO MUNDO para logo explicar nas conferencias, os demais nen@s da escola, a súa investigación.
3 anos: MACHU PICCHU
4 anos: PIRÁMIDE DE EXIPTO (Mención honorífica)
5 anos: COLISEO ROMANO
1º primaria: TAJ MAHAL
2º primaria: MURALLA CHINESA
3º primaria: CRISTO REDENTOR
4º primaria: PETRA
5º primaria: Antigas marabillas do mundo
6º primaria: CHICHÉN ITZA
Mira as imaxes das conferencias do alumnado da escola
A nosa conferencia foi un XOGO.
Non hai mellor forma de APRENDER!!

Como xa vos contamos, este xogo precisaba de concursantes (alumnos/as de primaria que sexan moi valientes para intentar adiviñar as nosas preguntas)

Nós fomos o xurado, e dicir, os que sabemos as RESPOSTAS CORRECTAS e organizamos o XOGO.
 Os concursantes tiveron que adiviñar todas as RESPOSTAS.
Mira todas as imaxes deste MARABILLOSO momento...

viernes, 6 de marzo de 2015

INVESTIGANDO SOBRE PERÚ

Pronto chegarán as 
XORNADAS DE EXPERTOS
Nestas xornadas, cada clase especialízase sobre algún tema (este curso escolar son AS MARABILLAS DO MUNDO) para logo explicar nas conferencias, os demais nen@s da escola, a súa investigación.
 Nós levamos semanas traballando sobre PERÚ.

Investigamos sobre o MACHU PICHU.
Un antiguo poblado inca construido a medidados do S. XV nas montañas do Machu Pichu e Huayna Pichu.
Pero comezemos polo principio...
QUE É A CULTURA INCA?
Aprende co caderniño LIM do CRA de BERLONGO. Nel atoparas información e xogos.
 Tes que lle dar a entrar como CONVIDADO se non cho abre directo.
Observa e busca: Preme na imaxe
http://www.cincopatas.com/agencia/machu_picchu.html?utm_source=tiching&utm_medium=referral

No PERU atopamos unha das maiores xoias do Planeta Terra: a AMAZONIA, un lugar onde se limpa o aire que respiramos

Atopa os animais da selva amazónica
Atopa a saída da Selva Amazónica
Axuda a Mr, Whiskers a conseguir  alimentos na selva...

Pero a xoia dos animais do  PERU é o golfiño rosa
Mais ¿por que pensas que pode ser rosa?  


Que vos parece?
Somos uns grandes INVESTIGADORES
A nosa conferencia será un XOGO.
Non hai mellor forma de APRENDER!!

Este xogo necesitará duns concursantes (alumnos/as de primaria que sexan moi valientes para intentar adiviñar as nosas preguntas)
Nós seremos o xurado, e dicir, os que sabemos as RESPOSTAS CORRECTAS e organizaremos o XOGO.
Os concursantes terán que adiviñar estas RESPOSTAS.... 
SABES TI CALES SON?

Este xogo elaborouse coa ferramenta educativa 
MICROSOFT MOUSE MISCHIEF

Unha ferramenta perfecta para facer participar o alumnado de forma interactiva. Mouse Mischief é GRATUÍTA e se integra en Microsoft PowerPoint 2010 ou Microsoft Office Power Point 2007, permitindo insertar diapositivas con preguntas de opción múltiple, cuestionarios ou actividades de debuxo nas presentaciones. O alumnado utiliza os seus propios mouse (ratos) para hacer clic ou debuxar as respostas sobre a pantalla. 
 PRÓBAA!! 
http://microsoft-mouse-mischief.softonic.com/
Proximamente...
A NOSA CONFERENCIA
"Expertos do MACHU PICHU"

miércoles, 26 de marzo de 2014

ESTREA DA PELÍCULA

Hoxe comezaron as 
XORNADAS de EXPERTOS 
na escola, onde cada curso presenta nunha conferencia, o seu PROXECTO de traballo sobre 
GALICIA 365
Nos somos os encargados de inaugurar estas XORNADAS tan especiais na nosa escola.
O noso proxecto centrouse no
CINE EN GALICIA
A nosa curiosidade: 
COMO SE FAN AS PELÍCULAS 
DE DEBUXOS ANIMADOS?
Nesta presentación podedes entender a evolución do noso proxecto
A exposición do noso traballo diante de todo o alumnado da escola é unha experiencia 
ÚNICA.
Expresando as nosas ideas en público,
e superando emocións como a vergoña e o medo escénico...traballamos competencias e adquirimos aprendizaxes funcionais que servirannnos para toda a vida!!
Aprender deste xeito ten moito sentido!!
Mira as imaxes da nosa conferencia e imaxina todas as emocións do momento!!


Pero o momento que TODOS estabamos esperando era a ESTREA da nosa PELÍCULA!!
Unha curtametraxe feita coa técnica de STOP MOTION coa que aprendimos a darlle vida os nosos personaxes de plastilina.
Mira como o fixemos...
Elaboramos un GUIÓN e debuxamos un STORYOBOARD
 
Creamos os ESCENARIOS E PERSONAXES
 
 
Gravamos a ANIMACIÓN con fotografías

Así se fixo
 Eleximos a banda sonora, traballamos a doblaxe e a POST-PRODUCIÓN da curtamentraxe con ferramentas tecnolóxicas.
E agora sí!!
Chegou o momento de presentar para todo o público MUNDIAL
"ESTAMOS EN PERIGO"
Esperamos que vos guste e animámosvos a que comentedes e compartades o noso traballo.

lunes, 24 de marzo de 2014

ESTE MÉRCORES....

Comezamos as 
XORNADAS de EXPERTOS
 

domingo, 3 de junio de 2012

II XORNADA DE EXPERTOS

   O longo desta semana levouse a cabo a II Xornada de Expertos na nosa escola.
     Os nen@s amosaron todo o aprendido o longo deste curso e explicaron, como conferenciantes EXPERTOSo medo, a tristura, a ledicia, o anoxo e o amor.
Parabéns nen@s!!
Apesar dos nervos, o traballo e o "medo escénico" TOD@S sodes brillantes EXPERTOS.
Nesta presentación podedes ver todas as conferencias que se levaron a cabo


martes, 29 de mayo de 2012

A NOSA CONFERENCIA

Onte, inaguramos as Xornadas de Conferencias sobre "As Emocións" e os nen@s de 3 anos foron os protagonistas!! 
      Nesta exposición déronse a coñecer e compartiron con tod@s os seus sentimentos.
Noraboa nen@s!! 
Sodes uns artistas!! nin a vergoña, nin os nervios, nin todo o público pendente de nós...fixo que perdérades a concentración... Traballáchedes moito e todos os aplausos recibidos son a vosa recompensa!!
Unha mostra da conferencia....




Imaxes do gran momento!!


Hoxe tamén tiveron protagonismo os nen@s de 4 anos.
Expertos do MEDO, explicaron que lles asustaba e cantaron unha fermosa cantiga para espantar o medo!!



Mañá seguiremos cos EXPERTOS NA TRISTURA...
Viva a SEMANA DE EXPERTOS!!

jueves, 24 de mayo de 2012

AS CONFERENCIAS DE EXPERTOS

A semana que ven daremos comezo a 2º Xornadas de EXPERTOS.
        Despois dun curso traballando "AS EMOCIÓNS" chega o momento de explicarlle os nosos compañeir@s o que aprendimos. Cada clase escolle unha emoción e convértense en EXPERTOS, preparando unha conferencia onde explicarán  o resto do alumnado a súa "especialidade"
Esta actividade ten un importante valor para os nen@s que esperan con ilusión o día da súa conferencia e viven con moitos nervios o momento de falar en público.
O programa de conferencias será o seguinte:
LUNS: 3 anos, presentación de TODAS AS EMOCIÓNS
            4 anos, expertos do MEDO
MARTES: 5 anos, expertos da TRISTURA
MÉRCORES: 1º ciclo (1º e 2º primaria) expertos da LEDICIA
XOVES: 2º ciclo (3º e 4º primaria) expertos no ENFADO
VENRES: 3º ciclo (5º e 6º primaria) expertos no AMOR

Nós somos os encargados de inagurar o evento e presentar todas AS EMOCIÓNS
 Ensinaremos que podemos sentirnos de moitas maneiras. 
Hai moitas emocións que experimentamos día a día!!
Mira neste vídeo a nosa DIVERSIDADE EMOCIONAL
(Aumenta o vídeo a tamaño completo e xoga a imitar as emocións)





Tamén cantaremos e bailaremos esta cantiga
Practícala na casa 



A próxima publicaremos as CONFERENCIAS DE EXPERTOS
Visitade o blogue das TIC CON PICOLINDO para poder ver todas as conferencias