Esta semana fixemos un taller de cociña!!
Para festexar o Entroido cociñamos orellas. Foi moi interesante usar todos os nosos sentidos para dar forma a un postre típico do Entroido. Despois do traballo comémolas todas!! Estaban moi boas!! por iso o mércores a merenda foi de volta para casa!!
Grazas profe Ángela por ensinarnos a facer orellas de Entroido!!
Mirade a presentación e o vídeo do proceso...
O Entroido é especial, é máxico!!
Como imos ir disfrazados de pallasos da alegría para axudar a TITO a dar felicidade a toda a xente, estamos aprendendo moitas cousas sobre o "mundo do circo"
Aprendemos esta cantiga...
Non vos lembra recordos da infancia???
Estamos de festa e os animais tamén o festexan!!
Mira e escoita o vídeo do "carnaval de los animales"
Feliz semana de ENTROIDO!!
E non te esquezas de facerlle caso o Meco e traer o luns unha caveira de medo