Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS PARA SORRIR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VISITAS PARA SORRIR. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de noviembre de 2012

CONTACONTOS

Hoxe tivemos a visita de Bea Campos.
Unha fantástica contacontos que divertiunos
coas súas historias durante case unha hora!!

Con libros da editorial Kalandraka,
contou historias preciosas,
cantou e dramatizou contos
e incluso
compartiu con nós;
a súa caixa máxica chea de tesoros!!

 Todos os que esteades interesados en levar os vosos fill@s a escoitar historias preciosas acercádevos a librería
"Contos para Soñar"
Moitos venres fan sesión de contacontos!!
Preme na imaxe e mira o seu blogue para máis información.
      
     

jueves, 22 de noviembre de 2012

Coñecendo a escola

Este martes por fin chegou o momento!!
Xuntos festexamos e coñecemos o cole novo disfrutando das instalacións cun programa de actividades excelente!!
O día de festa comezou pola mañá!!
A visita do Rey Midas, un mago cómico; deixou abraiados a todos os nenos e nenas da escola. A súa actuación estivo chea de sorrisos, gargalladas e maxia, moita maxia!!
Todos os rapaces querían participar nos xogos do mago!!
Foi unha bágoa que o Rey Midas non soubera que nós somos aprendices e sabemos un pouco de maxia!! 
Mirade a presentación e disfrutade coas caras dos nen@s!!
Foi unha ledicia!! 

Pola tarde a festa continuou...
O mellor aínda estaba por chegar...
A numerosa participación de moitas familias fixo posible unha tarde repleta de diversión: talleres, xogos, merendola, actuacións...
Aqueles que estivemos na festa sabemos o esforzo que tiveron que realizar as persoas encargadas da comisión da festa para que todo aquilo fose posible!!
Para elas, un agradecemento infinito!!

 Gracias por vuestro interés, vuestra implicación, vuestro entusiasmo...
Gracias por compartir vuestras ideas, por querer formar parte de la escuela, por enseñar, por educar...

Recordando una frase de Paulo Freire:
"La educación no cambia el mundo, cambia a las personas que van a cambiar el mundo" 

De esta tarde máxica tamén temos imaxes para ensinar. Se alguén ten máis fotos da festa e quere compartilas con todos, por favor, achegádemelas!!
  

Traballando a IGUALDADE DE XÉNERO

Este luns tivemos unha visita!!

Romina veunos falar da igualdade entre os nenos e as nenas.
Mentres falábamos con ela descubrimos que os nenos e as nenas podemos facer as memas cousas ou xogar cos mesmos xoguetes...

Aprendimos que non hai cores de nenos e cores de nenas, nin somos tan diferentes no noso corpo!!
Hai moitas máis cousas en común que diferenzas!!  
Contounos a bonita historia de Carlota!!
Unha nena que ía ser adoptada e imaxinaba como sería a súa familia!!
Hai moitos tipos de familias!!
 

lunes, 15 de octubre de 2012

A visita de BARDO ABELARDO

O pasado xoves veu vistitarnos a escola
BARDO ABELARDO
           Un músico cantautor e contacontos que deixounos abraiados coas súas lindas cantigas.

O xoves tivemos festa no cole!!
E a gran sorpresa foi que mentres BARDO ABELARDO tocaba para nós, PICOLINDO veu visitarnos e a bailar con nós 
Mirade que ben o pasamos!!