miércoles, 16 de mayo de 2012

SORPRESA!!


Hoxe foi un día moi especial na escola!!
Chegou o momento de darvos os agasallos SORPRESA!!
Esperamos que vos gustaran, levounos moito traballo e esforzo pero a mellor recompensa é o voso AMOR!!

Cando chegamos a clase sentíamonos moi felices!!
E aínda quedaba máis!! unha sorpresa que descubriríades na casa...
A MÁQUINA DE BICOS
Como vos imaxinades serve para dar BICOS: bicos grandes, pequenos, bicos de cores, bicos silenciosos, ruidosos, bicos na nariz, na meixela.... 




Hoxe tamén festexamos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 
Aprendemos moitas cousas sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE. 
Mira que libro máis bonito fixemos!! 





Esta semana tamén fomos de visita a aula dos nen@s de 4 anos. Invitáronnos para aprender cousas sobre o PEZ LUNA: Sabíades que pode pesar 2.000 kg y medir máis de 3 metros? Se queremos visitar un podemos ir a un acuario en Barcelona. Ao pez Luna gústalle vivir en augas quentes e aliméntase de medusas. As súas crías parécense a un pez globo. En europa non se pode comer pero noutros países como Japón, Corea o Taiwan; o pez Luna é un plato delicioso!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!