miércoles, 13 de noviembre de 2013

MAGOSTO 2013

A festa do MAGOSTO 
é unha das nosas festas favoritas!!
A protagonista é a castaña e disfrutamos con todas as actividades programadas para celebrar unha festa tradicional da nosa terra.

 Todos os anos celebramos esta festa no mes de novembro.
Preme na imaxe e lembra que fixemos anos anteriores
Goza dos xogos interactivos e escoita as cantigas do magosto!!
http://aescoladossentimentos.blogspot.com.es/search/label/Magosto
 No MAGOSTO todos os nen@s da escola celebramos un día de festa con XOGOS POPULARES e DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS.
Mira o BLOGUE DE PICOLINDO e descubrirás que toda a comunidade educativa, incluíndo as familias, pasamos un día estupendo. Preme na imaxe da nosa mascota
O MAGOSTO é unha festa especial que non podería levarse a cabo sen a axuda das familias!! Este ano todos os mestres agradecemos especialmente a participación e apoio dos pais e nais do centro.
A vosa axuda anímanos a seguir!!
GRAZAS
 A xornada comezou cos XOGOS POPULARES
Pesca botellas
Trespés
Tragacastañas
Que XOGO gustoche mais?
Despois chegou a degustación de castañas
grazas a colaboración das familias.
Estaban boísimas
E para rematar o día...
un xogo EMOCIONANTE...
Quitamos zapatos e calcetíns
Sentimos cos nosos pés...
buscamos
De quen é cada zapato? 
Esta desfeita témola que solucionar!!
 Un día para recordar cheo de sorrisos e apertas.
Un día de tradicións e xogos.
Se non puideches vir, mira todas as imaxes nesta presentación

2 comentarios:

  1. Que ben o pasáchedes! Unha gran festa! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. familia Docamponoviembre 17, 2013

    ¡menuda fiesta!, los niños lo pasaron de maravilla con los juegos, menos mal que es todos los años y a ver si el próximo podemos disfrutarlo allí con todos.

    ResponderEliminar

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!