viernes, 30 de enero de 2015

PAZ

Estas semanas falamos, pensamos, escoitamos contos, cantigas... e outras moitas actividades para aprender sobre A PAZ
  A PAZ é axudar, compartir, traballar, coidar a natureza...
A PAZ é perdoar e quererse...
A PAZ é ser un mesmo...
 A PAZ conséguese cada día aceptando quen somos e respectando os demais.
 Traballamos TÉCNICAS para CONTROLAR o ENFADO, tal e como nos propón o conto de 
O SEGREDO DE FLORA
Aprendimos o significado da palabra PAZ e descubrimos como pronunciala en varios IDIOMAS
PAZ
SALAAM
PEACE
PAIX
FRIEDEN
 Da igual como dicila, TODOS OS NENOS E NENAS de calquera parte do planeta queren A PAZ
Para aprender a CONVIVIR é necesario un espacio para RESOLVER CONFLICTOS. Un lugar traquilo onde poder pedir perdón, explicar o que sucedeu e facer as paces. 
Na nosa clase construimos catro ÁRBORES DA PAZ para poder utilizar no espacio da aula e no patio. 
Gústanvos? 
Se queredes saber como utilizámolo vén a reunión do vindeiro martes
Escoita a nosa cantiga de PAZ. Encántanos cantala en grupo e abrazar e sentir a AMIZADE
Escoitala co teu fill@  
Hoxe foi un día especial!!
30 de xaneiro
DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Na nosa escola gústanos celebrar esta festa mesturando a todos os nenos/as da escola e formando grupos mixtos con nenos/as de tódalas idades.
É un momento perfecto para aprender uns de outros e comprender a importancia de traballar en EQUIPO.
Este ano, construimos por grupos mesturados, un quebracabezas.
Mira que bonito o noso traballo!!
 Rematamos este día cunha actividade moi EMOCIONANTE.
 OS GLOBOS DE CORES
 Entre todos fixemos voar douscentos globos de cores. Un experiencia preciosa que so é posible 
ENTRE TODOS
Próximamente o vídeo... 
"CORES DE PAZ

2 comentarios:

  1. Un gran xeito de traballar a paz e de celebrar o seu día. Encántame como quedaron as vosas árbores. Boa finde.

    ResponderEliminar
  2. o irmán de ALI, YOUSSEFfebrero 13, 2015

    ENCANTAME TODO. Todo segue como era cando eu estaba no cole, e Maria, creo q seguimos esperando o video da PAZ

    ResponderEliminar

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!