viernes, 31 de octubre de 2014

LIBROS PARA SOÑAR CELEBRARÁ O SAMAÍN CUNHA SESIÓN DE CONTOS DE MEDO

 
LIBROS PARA SOÑAR invita a nenos e nenas, nais e pais, a celebrar HOXE venres a festa do Samaín cunha sesión especial de contos de medo a partir das 18:30 horas, con entrada libre. Na Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea son moitos os títulos que abordan esta temática, mais o repertorio da actividade incluirá obras de autores tan senlleiros como Maurice Sendak, Mercer Mayer ou Anthony Browne, publicados no catálogo de KALANDRAKA.
“Onde viven os monstros” será unha das historias máis celebradas polos cativos, atraídos polas aventuras de Max, o protagonista deste perfecto exemplo de álbum ilustrado.
Con “Un pesadelo no meu armario” o público infantil gozará das peripecias dun neno para conciliar o sono pola noite, preocupado pola presenza no seu cuarto dunha criatura que resulta non ser tan terrorífica como parecía.
Para conto intrigante, “No bosque”, que transcorre nunha misteriosa fraga na que personaxes de contos moi coñecidos polos lectores vánselle presentando ao protagonista desta historia no camiño á casa da súa avoa.
Non faltará “Gato Guille e os monstros”, de Rocío Martínez, co que moitos nenos e nenas se identifican nos primeiros anos da infancia, cando calquera ruído no entorno doméstico os asusta; uns temores que Guille aprenderá a racionalizar coa axuda da súa nai.

Onde viven os monstros   Un pesadelo no meu armario   http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/covers/no-bosque-G_01.jpg   Gato Guille e os monstros

LIBROS PARA SOÑAR
Triunfo 1, Vigo. | 986 43 37 68
FirmaK
Libros para Soñar en Facebook

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!