Este martes 20 de Maio festexamos
unha festa moi especial para nós.
AS LETRAS GALEGAS
Fai click na imaxe e mira este vídeo
Tamén festexamos a chegada da primavera coa elaboración dun MAIO entre todos os nen@s da escola
O día comeza cosendo pampillos
Todos xuntos construimos o MAIO
Cantamos cancións desta festa tradicional
Todos os anos, o alumnado de 4º de primaria, son os encargados de representar o BAILE DAS CINTAS
E para rematar, elaboramos o álbum do escritor homenaxeado, intercambiando os cromos cos compañeiros doutras clases ata conseguilos todos.
Este ano, coñecimos a figura de
XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO
XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO
Pronto, chegarán os libros as casas. Lembrade que se os presentades moi coidadiños e pintados na biblioteca de Picolindo conseguiredes PIQUEIROS para trocar por libros o final de curso!!
E agora, canta, brinca, baila...pero en GALEGO!!
E agora, canta, brinca, baila...pero en GALEGO!!
Mira todas as imaxes desta festa
Un gran xeito de celebrar un gran día para todos os galegos. Boa finde!!!!!
ResponderEliminar