miércoles, 12 de marzo de 2014

DA APRENDIZAXE Á ACCIÓN

Levamos semanas traballando no proxecto
COMO SE FAN AS PELÍCULAS DE DEBUXOS ANIMADOS?
Investigamos, facemos hipóteses, buscamos na rede, experimentamos con ferramentas tecnolóxicas e descubrimos que en GALICIA
tamén se fan películas!!!
O pequeno Mago do vigués Roque cameselle
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/10/29/animacion-gallega-sigue-alza/904784.html
 O bosque animado
 O xigante
 Fiz o coleccionista de medos
Personaxes como os BOLECHAS de Pepe Carreiro ou A TROPA DO TRAPO
Son exemplos da nosa cultura no audiovisual GALEGO
Pero...
COMO SE FAN?
Mira este vídeo para descubrir todos os pasos mentres ris a gargalladas cos personaxes da historia
)
Para comezar, temos que saber, que para facer PELÍCULAS é preciso ter
grandes dosis de creatividade!!
pero iso non é dabondo...
é necesario ESFORZO e moito TRABALLO,
tal e como dicían Edison, García Márquez, Picasso, Beethoven o Einstein.
 QUE PASOS DEBEREMOS SEGUIR: 
  1. IDEA ORIXINAL
  2. GUIÓN LITERARIO
  3. STORYBOARD
  4. DESEÑAR ESCENARIOS E PERSONAXES
  5. ANIMACIÓN
  6. INFOGRAFIA (Dar color)
  7. POST-PRODUCCIÓN 
  8. DOBLAJE
  9. BANDA SONORA
  10. ESTREO
Un dos grandes descubrementos foi saber que os DEBUXOS ANIMADOS fanse a través de moitas imaxes con pequenas variacións. 
A "ilusión do movemento" conséguese pasando un grupo de debuxos a unha velocidade superior a 16 imaxes por segundo
)
)
Tamén coñecimos outra técnica chamada
STOP MOTION 
é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fijas (fotografías)
Un exemplo son os DEBUXOS DE PLASTILINA
Outro descubremento foi 
O TRABALLO DOS ACTORES DE DOBLAXE 
Imos ver como se lle pon a voz os debuxos
Toda esta APRENDIZAXE 
queremos levala a ACCIÓN e... porque non podemos facer
UNHA PELÍCULA?
Proximamente....
en todas as pantallas das vosas casas,
 "ESTAMOS EN PELIGRO"

4 comentarios:

  1. mama Dani.smarzo 12, 2014

    Jajajaja me matas!!!esto es un no parar...de esta clase si o si saldrán grandes personas sin duda creativas de mentes abiertas ....ojala nadie les frene en este aprendizaje q habéis comenzado.....ahora a esperar.... Q ganassssss!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Me lo temía jajaja! ahora cineastas! Opino como Dulce, ojalá nadie les frene en este "ruxe-ruxe" en el que andan metidos!!
    Deseando con ganas ver el próximo estreno de cine galego!
    Un saludo,
    Mamá de Xaquín

    ResponderEliminar
  3. Que entrada más completiña! Aprendimos un montón de cousas sobre como se fan os debuxos animados. Graciñas por compartila. Boa finde!

    ResponderEliminar
  4. amalia nai de martín amarzo 18, 2014

    pois isto debe estar xa no forno, según Martín só faltan dous pasos: a estrea e ...as vacacións!

    estou segura de que traballaron dabondo para merecelas

    saúdos

    ResponderEliminar

Deja tus comentarios, nos hará mucha ilusión!!