Arcimboldo foi un pintor italiano que creou orixinais cadros e retratos nos que empregaba elementos recollidos da natureza tales como froitas, verduras, flores e legumes.
A actividade xorde como un PROXECTO dentro do Plan Anual de Centro GALICIA 365. Na nosa terra no outono temos moitas festas que ensalzan elementos da natureza, polo que este pintor permítenos traballar moitas facetas do mesmo.
Coñecimos a orixe deste pintor, onde naceu, cando,.. e logo propuxemonos imitar o xeito de pintar deste gran artista, coa obra "El Otoño".
Pois mans á obra. O primeiro que fixemos foi fixarnos a posición do corpo no retrato. Non é un retrato de fronte, senón de perfil. Sacámonos fotos no corredor da escola e unha vez impresas as nosas fotografías, comezamos a debuxar cabazas, laranxas, mazás, uvas, castañas, noces,.. Non foi unha tarea sinxela, pero... despois de moitas sesións de traballo o acadamos elaborar o noso propio cadro, imitando a Arcimboldo.
Papis e mamis, contade as follas que están arredor do cadro. Son moitas?, son poucas?, pois tivemos que, entre todos; colorealas e recortalas. Non foi nada sinxelo, pois aínda nos custa moito utilizar as tesoiras. A profe Ángela, díxonos que na casa podemos recortar, pero que temos que coller ben as tesoiras, non serve collelas de calquera xeito. Debemos facelo como ela nos explicou, queredes que volo conte? .
Esperamos que gocedes co noso traballo, nos estamos moi satisfeitos. Estamos contentísimos co noso traballo e quedounos unha exposición fermosa. Dentro duns días, cando chegue o tempo de Nadal, levaremos o traballo para casa e entre todos, buscaremos a parede máis axeitada para colgar a MIÑA OBRA DE ARTE.
Aproveitamos para traballar a poesía
"El retrato del emperador".
Con frutas, verduras y flores
pintaba Arcimboldo emperadores.
No necesitaba mirar al modelo,
prefería un buen frutero.
Con peras y manzanas
iba haciendo las caras.
Para la frente despejada
una flor bastaba.
Las mejillas sonrosadas
salían con dos manzanas.
Con una pera hacía la nariz
y para la oreja una mazorca de maíz.
Ojos, párpados y cejas
con espigas, guisantes y frambuesas.
Con dos pepinillos
hacía los bigotillos.
Manzanas, ramilletes y castañas
le ponían barbas bien extrañas.
Para el pelo y las melenas
espigas y uvas por docenas.
Aunue parezca mentira el cuello y la garganta
con cebollas, pepinos y nabos no se atragantan.
Sin camisa el pecho
con una calabaza está hecho.
La capa de flores, alcachofa y espigas
es una capa que da mofa y no abriga.
Pero el retrato está hecho,
no parece contrahecho
y Arcimboldo queda satisfecho.
Poesía sacada do libro "Cada cuadro con su cuento"Ed. Anaya.