miércoles, 31 de octubre de 2012

A FESTA DO SAMAÍN

A festa do SAMAÍN,
e unha festa moi esperada na escola.
Todos temos ganas de pasar MEDO
....
ata que o pasamos!!
Esta semana traballamos a historia de 
Fiz, o coleccionista de medos.Un neno moi medorento que para atrapar os seus medos encerrounos nunha caixa para que non puideran escapar.

Igual que Fiz, hoxe acabamos cos nosos medos!!
A través dun conxuro máxico que precisaba de algún ingredentes segredos
  • 5 colas de rato escondidas pola clase por un duende traveso
  • 6 avelás mesturadas entre moitas castañas
  • 3 nubes escondidas entre follas
  • eneldo para que cheire moi ben
  • un gran grito para asustar os nosos medos


Despois do conxuro, comimos as delicias que trouxeron Anastasia e Laura M.: Galletas terroríficas e biscoito de cabaza
 Pronto, chegaron os nenos e nenas de 3 anos para asustarnos!!


Esta festa, non sería o memo sen as vosas cabazas decoradas de MEDO. Parabéns polo traballo de decoración!! 
Hoxe acendimos as cabazas!!




Os sustos chegaron o final da mañá cando visitamos a biblioteca de Picolindo ambientada para o Samaín


E para xogar e aprender no Samaín, preme na imaxe

lunes, 29 de octubre de 2012

Coñecemos mais BICHOS

Seguimos investigando sobre os BICHOS
O noso interese aumenta día a día,
coñecemos e descubrimos máis,
a nosa inquietude e a mellor ferramenta para a aprendizaxe.
Despois da visita da araña e do erizo Rollizo,
outros BICHOS visitaron a nosa escola.

Mirade a mosca azul e o gusano que trouxo Martín D.
Agora están na nosa exposición xunto o rincón da BRUJA PICA
  Os nen@s da escola coñecen a nosa investigación e cando encontran un BICHO traénolo a clase para investigalo. 
Mirade o  tímido caracol que trouxo unha nena de 1º primaria

Xaquín, encontrou unha fermosa mariposa!!

E Martín A. sorprendeunos con isto 

Ademáis, somos REPORTEIROS DE BICHOS e xa temos unha bonita colección de fotos sacadas polos nen@s no patio da nosa escola. ( O lagarto é de plástico, pero un bicho é, ou non??)
Algún nen@ acabará sendo reporteiro!!
Encántalles!!

jueves, 25 de octubre de 2012

Descubrindo o OUTONO

O outono é unha estación tan rica,
con tantos cambios,
que cada día aprendemos algo novo!!

Un día Noa F, Martín A y Noa S,
trouxéron moitos millos e descubrimos que poden ser de moitos cores
 Outro día, Naiara trouxo piñas, castañas, follas, feixoas...

 E outro, Adrián trouxo unha gran variedade de setas (cogumelos)

O outono é igual o olor das follas, da choiva; o son do vento, da tormenta; o sabor a laranxa, kiwi, mazá, castañas...
Pronto degustaremos os froitos de outono que estades preparando para a exposición do cole!!
O outono é alegría
Mira como a expresamos!!


É unha bágoa non poder usar moitos recursos dixitais sobre o outono porque aínda non funciona a nosa Pizarra Máxica. 
En casa podedes xogar aprendendo...
Preme na imaxe e xoga cos elementos do outono!!

miércoles, 24 de octubre de 2012

LA BRUJA PICA - PICA

Hoxe foi un día diferente!!
     O chegar a escola encontrámonos con que alguén visitara a nosa clase e deixara un recanto cheo de bichos e teas de araña

Tamén encontramos unha carta e un plato cheo de lombrices!!
Puaggg!!
Para que serían as lombrices???
 Limos a carta e descubrimos que as lombrices eran unha proba que deberíamos superar para ser APRENDICES DE BRUJOS


Esta foi a primeira carta recibida por LA BRUJA PICA

 Hola niños;
¿¿Os gusta como he dejado la clase??
Soy LA BRUJA PICA, una amiga de vuestra profe María. Nos conocimos este verano mientras viajábamos en tren.
Pronto nos hicimos muy amigas y le prometí que algún día iría a visitaros al cole. Pero me da vergüenza que me conozcáis, quizás os asustéis porque toda la gente piensa que las brujas somos malas.
Pero no es así; hay brujas malas y otras buenas. Las buenas usan su magia para ayudar a la gente y cuidar la naturaleza.
Vuestra profe María ha aprendido muchas cosas conmigo este verano. Le he enseñado mi libro de hechizos y sabe hacer muchos conjuros mágicos con la bola de cristal. Pero aún le falta mucho por aprender, siempre que intentaba volar con la escoba se tropezaba y terminaba en el suelo llena de moratones. ¡¡Todavía tiene mucho que aprender!!
Si queréis puedo enseñaros muchas cosas sobre las brujas. Seréis mis APRENDICES DE BRUJOS. ¿¿Os apetece??
Si queréis aprender el misterioso mundo de las brujas tendréis que superar una prueba. En el rincón de las BRUJAS Y BRUJOS donde podéis ver animales disecados como arañas o bichitos también encontrareis un delicioso plato preparado para vosotros. Lombrices de sabores!! Es un conjuro muy fácil que preparé para enseñaros lo ricas que están las lombrices. Para ser aprendices de brujos tendréis que comer una lombriz entera…jajajajaja
Pronto tendréis más noticias mías…
LA BRUJA PICA-PICA

Conseguiríamos a proba??
Pensades que os nen@s superaron os medos e con valentía comeron o plato preparado pola BRUJA PICA??

viernes, 19 de octubre de 2012

A visita do ERIZO ROLLIZO

Esta semana tivemos a visita 
do ERIZO ROLLIZO
Un erizo que vive na casa da profe María
e veu visitarnos cun pouco de medo.
Feito unha bola!!
 Necesitaba saír o patio para sentirse maís seguro e abrir o seu corpo.
Por fin poidemos ver a súa cariña!!

Deixámoslle tempo para que non tivese medo mentres o mirábamos de lonxe

Pouco a pouco, puidemos acercarnos e miralo, incluso tocalo!!

Grazas a Santi por facer posible a visita do Erizo Rollizo!!
Despois de ensinarnos moitas cousas sobre este precioso animal devolveuno a un lugar tranquilo e deixouno en liberdade.

 Antes de irse o ERIZO ROLLIZO despediuse dentro da súa caixa

E despois fixemos unha bonita obra de arte co ERIZO ROLLIZO como protagonista

Mira todas as imaxes nesta presentación (pon a música)

lunes, 15 de octubre de 2012

A visita de BARDO ABELARDO

O pasado xoves veu vistitarnos a escola
BARDO ABELARDO
           Un músico cantautor e contacontos que deixounos abraiados coas súas lindas cantigas.

O xoves tivemos festa no cole!!
E a gran sorpresa foi que mentres BARDO ABELARDO tocaba para nós, PICOLINDO veu visitarnos e a bailar con nós 
Mirade que ben o pasamos!!

jueves, 11 de octubre de 2012

Os BICHOS do PATIO

       Este ano temos moita curiosidade polos bichos que encontramos no patio da escola.
        Intentamos cazalos, metelos en cubos, collelos e soltalos....pero nunca facerlles dano!!
Os animais, aínda pequenos, necesitan cariño e protección e non debemos abusar deles...
Fai uns días, encontrei na miña casa unha araña...
terrorífica!!

Non puiden evitar levala a escola para compartila cos nen@s!!
Nun tarro de cristal con buracos para respirar, o luns viviu con nós unha araña miedosa que pedía a gritos escapar da súa cárcere!!

Mirámola, con ollos curiosos... e comprendimos que o mellor era soltala e deixar que volvese tecer moitas teas de araña.
As arañas poden ser perigosas, por iso, o rematar a escola, fun un lugar precioso a liberala!!

Mirade como escapou!!

A convivencia coa araña agudizou o noso interese polos bichos da escola e pensei que sería interesante crear un álbum de bichos!!
Que vos parece?
Apredimos a usar a cámara de fotos con responsabilidade. Cada día un nen@ é o encargado da cámara e pode usala durante o recreo para fotografar bichos. 
Todos desexan ser encargados da cámara!!
Xa temos a primeira foto!!
Queredes ver mais?

miércoles, 10 de octubre de 2012

Sentimentos de OUTONO

      
Coa chegada do OUTONO non podemos deixar de ver follas caídas no chan. Aproveitamos a ocasión para recoller moitas follas e con elas...
Explorar,
Sentir,
Xogar,
Expresar o noso sentimento de outono!!
 Ademais Alex trouxo a escola castañas, erizos, bellotas, piñas...

E David trouxo unhas deliciosas rosquillas feitas na casa!!
Durantes estes días fomos recolectando follas traídas das casas. Na escola tamén recollimos follas no patio. E con todas elas.... Xogamos a ulir, tocar, experimentar o tacto das follas!!
Cheamos a nosa aula de follas!!
Tantas..que metéronse nos buracos mais pequenos da nosa clase!!
Tapamos os ollos e...
Utilizamos todos os sentidos menos a vista para atopar froitos de outono que trouxo Adrián: castañas, noces, mazás...

As imaxes expresan millor que as palabras este día tan especial!!

Mirade...