lunes, 30 de enero de 2012

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


Hoxe foi un DÍA ESPECIAL na escola!!
Festexamos o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Este ano, elaboramos entre todas as aulas da escola, un acróstico da frase "PEDIMOS A PAZ" Cada aula tiña asinada unha letra da frase e con ela tiña que crear a súa "frase de paz" Nos tiñamos a "P" e con ela construímos "POR FAVOR, PAZ"
Despois da actividade cantamos todos xuntos a cantiga da paz deste ano adicada as apertas (pócima máxica segreda da tristura) e mentres bailábamos e cantábamos, agasallábamos a todos os nosos amig@s e mestr@s con apertas.
(Mira a presentación de imaxes)

A semana pasada traballamos a importancia das apertas para a tristura e para a conservación da PAZ. 
Nós inventamos APERTAS!
Cales inventarías ti?
(Mira a presentación de imaxes con música)



viernes, 27 de enero de 2012

jueves, 26 de enero de 2012

O PODER DAS APERTAS

Esta semana falamos, pensamos, escoitamos contos, cantigas... e outras moitas actividades para aprender sobre A PAZ
Unha forma de representala e cunha pomba branca
Mira que bonita a fixemos!!!
 A PAZ é axudar, compartir, traballar, coidar a natureza...
A PAZ é perdoar e quererse...
A PAZ é ser un mesmo...
 A PAZ conséguese cada día aceptando quen somos e respectando os demais 

O conto dos elefantes negros e blancos amosounos a tristura das pelexas, dos enfados...

Picolindo este mes falonos da TRISTURA. Pero dunha tristura moi diferente: da que sentimos nas DESPEDIDAS. Os sentimentos de PICOLINDO axudáronos a entender que a tristura tamén é unha emoción natural. 
Todos sentímonos tristes máis dunha vez!!




Nós encontramos a pócima páxica segreda para a TRISTURA.
Coñecimos o PODER DAS APERTAS e a súa importancia no mundo

O poder das apertas é máxico
(Mira a presentación dende o comezo e non te esquezas da música)




APERTAS - foto montaje

Lembrade que o vindeiro martes 31 temos unha XUNTANZA na aula de 3 anos as 16:00

viernes, 20 de enero de 2012

A CHOIVA DE CORES


Os días de choiva son típicos no inverno pero na nosa escola a CHOIVA É DE CORES

Mira como aprendemos a técnica do goteo

Que bonito o resultado!!!
A nosa árbore tamén cambiou... Fíxate que cantidade de neve!!
 INVIERNO, INVIERNO
¿PORQUÉ NOS GUSTARÁ?
POR LA NIEVE BLANCA Y POR LA NAVIDAD.
EL FRÍO DE INVIERNO 
YA TIENE SOLUCIÓN,
EL GORRO, LOS GUANTES Y LA CALEFACCIÓN
Disfruta do inverno con POCOYÓ

viernes, 13 de enero de 2012

Chegou o INVERNO

Un conto sobre o inverno coa música do inverno de VIVALDI

Cambiamos a cantiga das estacións que cantamos na escola!!
Agora cantamos a CANTIGA DO INVERNO. Queres coñecela?
Mira qué bonito é o inverno...