sábado, 24 de diciembre de 2011

UN CONTO DE NADAL

Felices festas a todos!!

miércoles, 21 de diciembre de 2011

A festa de NADAL

Hoxe foi un día de festa!!
É unha pena que non puideramos compartila coas familias.
Espero que estas imaxes os amosen o ben que o pasamos, o felices que nos sentimos e porque hoxe tamén a merenda volveu enteira para casa!!je,je..
Comezamos coa visita do APALPADOR, os agasallos de despedida de IRIA, os disfraces de RODOLFO, a cantiga con todos os nen@s de educación Infantil. Logo fomos a CHOCOLATADA, despois o recreo, vimos a película de RODOLFO e o final, para despedir o ano 2011, fomos comer as 12 uvas da sorte o ritmo das campanadas..
Feliz aninovo para tod@s!!

Se queredes ver o ben que cantamos a cantiga de RODOLFO todos os nen@s de Educación Infantil, preme no play

Festexa con nós o novo ano comendo as 12 uvas da sorte!! 
Mira que ben o pasamos todos os nen@s da escola do Rocío!!

martes, 20 de diciembre de 2011

Que é para ti a FELICIDADE?

Durante o mes de novembro e decembro reflexionamos sobre a LEDICIA  e a FELICIDADE.
 Este sentimento esperta en nós sensacións agradables e de benestar. Descubrimos que a felicidade non é unha meta senón o camiño por percorrer así que sendo OPTIMISTAS lograremos sentir máis veces a FELICIDADE!!
 No seguinte vídeo os vosos fill@s contánnos que é para eles a FELICIDADE...
Dende a escola quero desexarvos unhas FELICES FESTAS!!



 
PICOLINDO tamén quiso falarnos deste sentimento. No conto anterior relatábanos unha historia terrorífica; esta vez, fálanos do DÍA MAIS FELIZ DA SÚA VIDA 




 Todos os nen@s da escola que quixeron participar nesta actividade contáronnos que é para eles a felicidade...
Grazas a todos os rapaces por compartir as súas emocións e os mestres Juan e Cris por axudar a realizar este bonito agasallo...
Fai click no play e mira os vídeos...

lunes, 19 de diciembre de 2011

Actividades de LECER para este NADAL

Desde a Consellería de Normalización Lingüística, ofrécennos unha chea de actividades e actuacións para este Nadal. 
Espero que vos gusten!!
actividades_nadal

miércoles, 14 de diciembre de 2011

FESTA DE ANIVERSARIO


Hoxe, festexamos o aniversario de todos os nen@s que naceron en setembro, outubro, novembro e decembro. Durante este trimestre 10 nen@s da nosa clase cumpriron 3 anos!!
A nosa festa tiña como tema o NADAL, por iso comezamos facendo uns pinchos de uvas de fin de ano e nubes; e comemos turrón e polvorones... Deunos tempo a exprimir o noso zume de laranxa, cantar, bailar e xogar as sillas!!
Ai, foi un día ESTUPENDO!!



martes, 13 de diciembre de 2011

Chegou o NADAL

Gústavos o noso ABETO??
Decoramos a entrada da nosa clase con este bonito abeto feito coas mans de todos os nen@s

lunes, 12 de diciembre de 2011

O protagonista da semana

Esta semana o protagonista é...

viernes, 2 de diciembre de 2011

RODOLFO

Esta semana a PROFE IRIA ensinounos moitísimas cousas sobre o NADAL. Presentounos o noso amigo RODOLFO e contounos unha historia fermosa del. Xogamos e aprendimos coa pizarra máxica. Bailamos, cantamos e tamén nos disfrazamos!!!
Grazas profe Iria!!





 Ilustramos o conto de "RODOLFO, EL RENO" traballando todos xuntos. Cada grupo realizaba unha páxina do conto participando entre tod@s na súa elaboración. Mírade que precioso quedounos!!
Ponlle a música e cóntalle o conto o teu fill@

jueves, 1 de diciembre de 2011

Chega o NADAL

Coa chegada do NADAL recibimos a visita do noso amigo "RODOLFO, El reno" que contounos como chegou ser o reno preferido de Papá Noel. 
Acompáñanos en clase e o encargad@ de cada día preocúpase de coidalo: Darlle a merenda, levalo o patio, explicarlle as tarefas, lembrarlle de ir o baño....
Ensinounos unha cantiga moi divertida que cantamos todos os días na escola.
Queres aprendela???



Estamos aprendendo moitas cousas sobre o NADAL
Preme na seguinte presentación de imaxes e descobre cales son de NADAL!!!
NADAL

viernes, 25 de noviembre de 2011

O protagonista da semana

A vindeira semana o PROTAGONISTA será

jueves, 24 de noviembre de 2011

A cantiga do PROTAGONISTA

Encántanos a cantiga favorita de MARTÍN

miércoles, 23 de noviembre de 2011

A ALEGRÍA DE TITO

O traballo emocional segue nas nosas aulas. Despois de entender o MEDO chega o momento de traballar a 
LEDICIA

Coñecimos a TITO, un malabarista que se sentía moi triste despois de perder a súa nariz. Non vos preocupedes, o final da historia recuperouna e ademais deuse conta que tamén podía ser moi feliz sen ela. 
Queredes ver que ven nos queda a nariz de TITO?

viernes, 18 de noviembre de 2011

O protagonista da semana

A vindeira semana o protagonista será
Escoita a canción de MARTÍN

jueves, 17 de noviembre de 2011

FESTEXAMOS O MAGOSTO

O mércores foi un DÍA ESPECIAL. A nosa primeira festa na escola!! Descubre todo o que fixeron ese día os nen@s de 3 anos!!
Toda festa require unha preparación.Queres ver como fixemos A NOSA CASTAÑEIRA e organizamos o día? Os nen@s de 3 anos tamén participaron!!



Para ver como o pasamos todos os nen@s da escola mira as seguintes imaxes!!


viernes, 11 de noviembre de 2011

A PROTAGONISTA DA SEMANA

 A vindeira semana a protagonista será
 

miércoles, 9 de noviembre de 2011

A pizarra Máxica

Familias!! Estamos de aniversario!!
Dende o pasado martes temos na nosa aula un encerado dixital interactivo ou Pizarra Máxica, como lle chamamos nós!!
Na era da tecnoloxía estes instrumentos fan posible unha educación adaptada as necesidades de hoxe, as motivacións dos rapaces e así desenvolver a creatividade con proxectos de innovación. Agora, calquera dúbida poderémola resolver na web aproveitando todas as posibilidades de este aparello para traballar millor.
Esta noticia se merece unha visita a nosa aula!!
Despois de Nadal celebraremos una reunión para que poidades descubrir todas as vantaxes desta ferramenta.
Mira que cantiga cantamos esta semana na aula, lémbraste???


A visita de Sergio e Greta

O pasado martes recibimos no noso colexio a visita de Sergio e Greta, dous fantásticos relatores de contos que maravillaron os rapaces durante unha hora. Contaron a "Historia do Arco da Vella Feliz" e aprendéronnos técnicas de relaxación e meditación. A rapaza Bolboreta conseguiu parar a tormenta e agasallaounos cun anaco do Arco da Vella para utilizar sempre que non nos sintamos ben. 
Fai voar a bolboreta e repite as cores do Arco da Vella


A mestra Cruz da aula de 5 anos gravou toda a historia. Grazas rapaces de 5 anos!! 
Estivéchedes moi atentos!!

viernes, 4 de noviembre de 2011

O protagonista da semana

Despois do período de adaptación, da aprendizaxe de hábitos e normas... a chegada do outono, as cabazas e o Samaín ..
Neste trimestre imos comezar a traballar sobre...
CÓMO SOMOS?

Pero este proxecto pretende descubrir a cada neno/a como é na súa globalidade: os seus recordos de cando era bebé, coñecer as persoas que lle queren, cales son as súas preferencias ou lembrar xuntos os días que foron importantes.

Por iso; á axuda das familias é imprescindible para poder descubrir connosco as peculiaridades de cada neno/a.

Cada semana, un neno/a converterase en
PROTAGONISTA DA SEMANA

Cada semana avisarase por escrito as familias do nen@ que será protagonista con tempo suficiente para poder traballar na casa.

 A vindeira semana a protagonista será

viernes, 28 de octubre de 2011

Festexamos o noso SAMAÍN

Esta semana traballamos o medo nas aulas para RECOÑECER, APRENDER E ACEPTAR esta emoción. Ademais festexamos a nosa festa do medo: O SAMAÍN
Mira como expresamos o MEDO


Tamén fixemos unha exposición de cabazas entre todos. 
Quedou preciosa!! Grazas familias por participar!! 
Sodes uns artistas!!
Queredes ver imaxes terroríficas??? Pincha no "Play" da imaxe e descubre a nosa presentación máxica do SAMAÍN 
(Sede pacientes, a presentación tarda un pouco en cargar)
Click to play this Smilebox presentación

jueves, 27 de octubre de 2011

RECURSOS para gozar do SAMAÍN

Por fín chegou o SAMAÍN!!! 
 É o momento de dar sustos e gozar co medo...
Mira que conto tan bonito fixeron no CRA de Bergondo

Esta cantiga encántame!! E a ti????


Pincha nas imaxes e xoga
Actividades realizadas por nuestros amigos de Wikisaber


miércoles, 26 de octubre de 2011

O recuncho de OUTONO

O noso recuncho crece cada día!! Agora temos moitas cabazas e froitos de outono!!

Ademais hoxe comemos unhas deliciosas magdalenas de cabaza que fixo a nai de Martín Álvarez. Moitísimas grazas!!
Gustáronos moito!!
Fíxate!! xa non quedaba ningunha!!

Despois, levamos todas as cabazas a exposición que hai na entrada do colexio e xuntas formamos unha preciosa exposición de cabazas!! Non vola perdades!!

lunes, 24 de octubre de 2011

A NOSA EXPRESIÓN DO OUTONO

As cabazas e froitos de outono no recuncho do MEDO da nosa aula
As arañas chearon o noso castiñeiro de teas de araña

Grazas familias pola vosa participación


Pintamos follas secas de OUTONO

miércoles, 19 de octubre de 2011

lunes, 17 de octubre de 2011

O noso MAR DE EMOCIÓNS

Grazas Ángela

viernes, 14 de octubre de 2011

Coidado cos ourizos, pinchan!!

Hoxe na aula observamos follas dun castiñeiro. Descubrimos que a súa cor cambia cando caen o chan no outono.
 


Na árbore son verdes e fortes. Cando secan, vólvense marróns e arrúganse. 



O froito do castiñeiro é a castaña que nace dentro dun ourizo para protexerse.

jueves, 13 de octubre de 2011

O enredo do NÚMERO DE CONTA

Hoxe, comprobei a nota enviada as familias co número de conta e É CORRECTO.

Chamei as oficinas de caixanova e falei coa nai encargada da conta. Non encontramos ningún erro no número de conta enviado e as oficinas de caixanova aseguran que nese número de conta pódese facer ingresos ou transferencias sen problema. Ademais, algunhas familias hoxe fixeron novos ingresos polo que entendo que a conta funciona correctamente.

Mañá volverase enviar unha nota lembrando o número de conta no que é necesario facer o ingreso. 

Sinto moito todos os problemas ocasionados!!! Sei que o tempo é ouro e non estamos para perdelo!!

 Se algunha persoa encontra problemas para ingresar o diñeiro, falar conmigo directamente e buscaremos unha solución.

miércoles, 12 de octubre de 2011

ERRO NO NÚMERO DE CONTA

Algunhas mamás déronme o AVISO IMPORTANTE de que o número de conta que envieivos para facer o ingreso tiña un erro no 4º díxito.
Sínto moito!! sei que non temos tempo dabondo como para ir o banco a perdelo!! Xúrovos que revisei a nota unhas cantas veces antes de imprimila, pero tamén o fixen co número ISBN dos libros e tamén errei!! Isto non é o meu!!

RENVIAREIVOS OUTRA NOTA CO NUMERO DE CONTA CORREXIDO
Perdón outra vez e moitas grazas por dar o aviso

martes, 11 de octubre de 2011

No outono podemos ver landras e piñas



Moitas grazas a familia de Xaquín por agasallarnos con estas piñas e landras tan típicas do outono.


Aproveitamos para tocalas, mordelas, ulilas...con todos os nosos sentidos e así recoñecimos como son!!!

sábado, 8 de octubre de 2011

miércoles, 5 de octubre de 2011

Grazas por asistir a REUNIÓN. Un resumo como recordo

REUNIÓN GENERAL CURSO 2011-2012
EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS
TITORA: María Carballo Tubío


1.    EVALUACIÓN PERIODO DE ADAPTACIÓN: Positiva. 
            Todavía queda mucho por hacer, tendrán que aprender a:
  • Esperar
  • No ser los ÚNICOS
  • Convivir en espacios abiertos que producen inseguridades
  • Compartir HORARIOS con diferentes profesores
  • Esforzarse: La etapa de ED.INFANTIL además de tener un carácter asistencial también tiene un carácter EDUCATIVO

2.    COMPROMISO CON LA ESCOLARIZACIÓN: 
  •       Asistencia REGULAR
  • ·        Material escolar:
 Comprar los LIBROS DE TEXTO 
 Ingresar el dinero para MATERIAL ESCOLAR en la cuenta bancaria que se facilitará próximamente 50€ (40€ material+10 libro inglés)
  •       Atender a  los AVISOS ESCRITOS  que se enviarán en una CARPETA PLÁSTICA viajera
  • ·         Asistir as reunións xerais de carácter informativo

3.    LA BÚSQUEDA DE LA AUTONOMÍA: Para favorecer la autonomía es muy importante unificar criterios entre familia y escuela para que no se den situaciones contradictorias.
·         HÁBITOS A TRABAJAR EN CASA:
  • Vestirse/desvestirse (Subir/bajar pantalones/ropa interior)
  • Sonarse los mocos
  • Pedir las cosas “POR FAVOR”
  • Ordenar sus cosas
  • Abrir/cerrar la botella de agua
  • Comer/beber solos


LA AUTONOMÍA SE CONSIGUE ASUMIENDO RESPONSABILIDADES (CARPETA PLÁSTICA VIAJERA, notas…)

*      CONTROL DE LAS CONDUCTAS: 
Para favorecer UNA CONDUCTA APROPIADA debemos marcar NORMAS en casa y segundo sus  posibilidades, tener RESPONSABILIDADES. Tendremos en cuenta que:
  • Las normas siempre deben cumplirse
  • Las consecuencias o “castigos” deben ser proporcionales a lo que el niñ@ hizo y siempre llevarse a cabo 
  • El niñ@ necesita normas para sentirse seguro y para desarrollarse socialmente

SER BUENOS MODELOS A IMITAR


DATOS DE INTERÉS:

El horario para las REUNIONES PERSONALES con la tutora (previa cita) es:
martes 16h-17h

MANDILÓN y ABRIGOS
o   Con  cinta para colgarlo y MARCADO con el nombre  para identificarlo
ROUPA CÓMODA y APROPIADA: evitar cintos, pantalones con botón, BOTAS de lluvia... 
MUDAS: Traer en una caja al cole o en la mochila del niñ@


Espero que toda esta información os sea de ayuda!!!

domingo, 2 de octubre de 2011

miércoles, 28 de septiembre de 2011

Coñécenos!!

Queres coñecer os nenos e nenas da clase de 3 anos??? Así poderás aprender os nomes de tod@s. Fíxate, están guapísimos!!

Chegou o outono

Escoita esta fermosa cantiga que estivemos a traballar na escola esta semana pola chegada do outono

martes, 27 de septiembre de 2011

Que obxectos hai na escola?

Preme no vídeo e descubre cantas cousas hai na escola!!

Comezamos a escola

PERIODO DE ADAPTACIÓN 
Esta semana comezamos a escola!!! e para os cativos de 3 anos foron uns días moi especiais cheos de experiencias novidosas, espazos que descubrir, persoas e amig@s novos que coñecer... É normal que cada día e cada instante navegasen por un ....

MAR DE EMOCIÓNS


QUE INTENTAMOS DESENVOLVER NOS NEN@S?
Axúdame a conseguilo!!

Confianza en si mesmos
Os nen@s deben crer que poden ter éxito. Non deixes de dicirllo!!
Independencia
Os nen@s deben aprender a facer as cousas por si mesmos. Non debemos ser sobreprotectores!!
Motivación
Os nen@s deben querer aprender. A curiosidade é o motor da aprendizaxe!!
Curiosidade
Utiliza a súa curiosidade natural para que poidan aproveitar ao máximo as oportunidades para aprender.
Constancia
Os nen@s deben aprender a rematar o que comezaron.
Cooperación
Os nen@s deben saber como levarse ben con outros nen@s e aprender a compartir e tomar quendas.
Autocontrol
Os nen@s deben aprender que hai boas e malas maneiras de expresar o seu enfado. Debemos ensinalos a comunicar o seu enfado verbalmente e a forma de solucionar os problemas sen violencia.
Empatía
Os nen@s deben expresar un interese por outras persoas e comprender como se senten.
Estes primeiros días de emocións, os nen@s coñeceron os espazos da aula descubrindo os xoguetes que había nos recunchos e aprendendo as normas para poder usalos.
Na nosa aula tamén temos espazos propios: un percheiro para a miña roupa, tarxetas co meu nome, un casilleiro para os meus traballos. Cantos máis espazos descubro, máis me gusta o meu cole!!!
Estes días coñecemos o patio da escola. Estaba cheo de casiñas, tobogáns, motos, patinetes….So faltaban o resto dos rapaces da escola. O patio foi todo para nós!!
Non podemos esquecernos da nosa amiga PEKY… Todos os días ela e a profe María danos os bos días e ven despedirnos a porta. Querémola moito porque sempre regálanos os caramelos de Peky e as estrelas de Peky para poder ensinarlles as familias o ben que nos portamos na escola.
Para rematar, preme no vídeo e poderás ver os rapaces de 3 anos nos seus primeiros días de escola. Esperamos que vos guste!!.
Unha aperta de Peky e a profe María

Os especialistas en Educación infantil

Ola familias:
Esta semana seguimos co periodo de adaptación para coñecer pouco a pouco todas as sorpresas que a escola ten preparadas para nós. O martes xuntámonos tod@s na clase!! Gustounos moito porque teremos moitos amig@s aínda que as veces ser tantos obriga a esperar quendas e compartir a atención da profe María.
Queredes ver como xogamos nos recunchos da clase os 24 nen@s xuntos??
A mestra de Inglés, OLGA






Esta semana coñecemos a moitos mestres que axudarannos na escola e serán moi importantes para nós.
Imos coñecelos!!

O mestre de psicomotricidade, JUAN
A aula de relixión
PICOLINDO, mascota da biblioteca
A mestra de relixión, MERCE na BIBLIOTECA
Os nen@s na BIBLIOTECA con PICOLINDO
Na aula TIC coa mestra ÁNGELA, xogando no encerado dixital
Na momento da merenda na aula coas mestra CRUZ e MERCE



A mestra de música, CRIS
Na aula de música con CRIS

A nosa amiga PEKY

Espero que vos guste!!